Iniciar sesión: Acceso

sextomolondevalon

Xoves, 23 de abril de 2020

CORRECCIÓNS DE ONTE:

C.NATURAIS

Onte cargueivos por equivocación un caderniño completo de fichas. Levan as correccións no final, polo que xa podedes correxir a ficha por ahí.

Non sexades tramposillos cando teñamos que facer outra, intentade facer a ficha primeiro, e logo correxides.

LENGUA

Recordad que muchas palabras se dicen igual en singular y en plural, por ejemplo paraguas.

Lo que hace que sea un paraguas o varios paraguas, es decir singular o plural, es el artículo que le ponemos delante:

el paraguas            los paraguas

Ejercicios:

Vémonos mañá ás 11: 30 a través do Hangouts. Tede a man a libreta de dúbidas e tede tamén algo pensado que contarlles aos compañeiros!

lidia

MÉRCORES, 22 DE ABRIL DE 2020

Bos e chuviosos días chic@s!

Continuamos a semana, hoxe traballaremos...

CIENCIAS NATURAIS

Déixovos un enlace a un novo vídeo de repaso do que levamos visto do tema5. A partir de aquí empezaremos a avanzar un pouco.

En documentos adxuntos tedes un caderniño de fichas de C.Naturais, descargádeo e gardádeo, porque o imos usar de vez en cando. Non fai falta imprimir as fichas, podedes ir facéndoas na libreta copiando os enunciados. Si a alguén lle resulta máis cómodo pode imprimilas, pero non o fagades ao loco! Imprimide soamente as que vaiamos facendo, e así non gastades tinta innecesariamente.

Hoxe facedes a ficha da páxina 33, copiades o aprende que trae ao principio a ficha, que é un repaso, e logo facedes os exercicios.

LENGUA CASTELLANA

Página 126. Ya hablamos en clase más de una vez del número de los sustantivos: singular y plural. Además el año pasado tambien lo trabajamos.

Recordad:

SINGULAR---------------UNO

PLURAL-------------------MÁS DE UNO

Sabiendo esto, vamos a hacer los ejercicios 1,2 y 3.

Luego os dais una vuelta por la casa y haceis una lista con 5 sustantivos en singular y 5 en plural. ATENCIÓN: pueden ser personas, animales o cosas y teneis que tener en cuenta que en los sustantivos en singular sólo los podeis poner si hay UNO en vuestra casa, porque si hay MÁS , ya tienen que ir en el grupo de plural. Entendido?

Esa lista me la mandais al correo electrónico a lo largo del día de hoy.

Y para trabajar un poquito más lúdico...un jueguecito de repaso.

http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_lengua/Sustantivo_genero_y_numero/contenido/index.html

Por cierto! Mañana es el día del libro, y creo que se está cociendo una sorpresilla por ahí. Estada atentos a la web o al facebook a ver que pasa.

¡Os dejo un adelanto de mi aportación!


Recordad que en el blog de la biblioteca también teneis un catálogo muy amplio de libros que podeis leer en la pantalla.


Mil bicos molones!

Seguide quedando na casa! Xuntos conseguirémolo!

Lidia



MARTES, 21 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s!

CORRECCIÓNS MATEMÁTICAS.

Revisade os documentos adxuntos.

CORRECCIÓN GALEGO.

Recibín todos os correos menos o de Celia, a ver si hoxe o recibo!Guiño

Recordade que cando traballamos Lingua Galega, o que sempre vos digo que é o máis importante, é que vos esforcedes en facelo en galego. Polo que os correos non deberían ir escritos en castelán.

Como todos puxéstedes, o que nos ensina ese contiño é que todos temos unha forza interior que fai que sexamos capaces de facer cousas impresionantes.

Como vós, que estades esforzándovos por quedarvos na casa e ter unha boa actitude. A que se fai dous meses alguén vos preguntase se conseguiríades estar sen sair da casa 6 semanas enteiras lle diríades que nin de broma?

Bicos chic@s!

Lidia

LUNS, 20 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s!

Empezamos unha nova semana con enerxía!

Antes de nada falar un pouco da videochamada do venres. Todos moi ben! Sentados, cos libros e as dúbidas preparados...xenial!

O que fallou penso que foi a miña cobertura, pero niso non podemos facer nada. Esperemos que o próximo venres a conexión sexa mellor.

Para correxir imos cambiar de técnica. O martes póñovos as correccións de Mate e Galego do luns, e os xoves póñovos as correccións de Lengua e Ciencias Naturais do mércores. Todo publicado no blog, ok? É dicir, ao día seguinte do traballo, tedes as correccións publicadas.

En canto o traballo de hoxe....

MATEMÁTICAS

Imos adicar esta semana ao repaso do cálculo.

Deixovos un vídeo de repaso, a ver si recoñecedes a alguén!

Facedes na libreta as operacións que vos deixo en documentos adxuntos, escollede 7 operacións de cada ficha, as que vós queirades. Das divisións tedes que facer a proba para comprobar que están ben feitas e rodear as exactas.

GALEGO

Abride as orellas e escoitade....

Encantoume este conto, e non podo estar máis de acordo co que nos conta.Calquera de vós podería ser o protagonista.

Agora, pensade nunha frase que resuma o que este conto nos ensina, non o que nos conta, se non, sobre o que nos fai reflexionar.

A ver que sacades del!

Escribídeme un correo con esa única frase preferiblemente hoxe pola mañá, se non pode ser, pois esta tarde.

Recordade cartamil8@gmail.com

E por si a alguén lle quedaron ganas de seguir traballando....deixovos un xoguiño de repaso.

http://www.infantil.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/3EP_mat_ud1_ai02/frame_prim.swf

Mil bicos!

Seguide quedando na casa!

lidia.-

MÉRCORES, 15 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s!

Gustoume moito ver como estades animados, activos e contentos. Facer videochamadas mola, pero para as vindeiras ocasións vou a dar unha serie de recomendacións que teremos que ter en conta:

-Situarme nun sitio da casa donde poida ter o aparato co que me conecto sobre unha superficie con espacio. Unha mesa é un sitio ideal, así terás espacio suficiente para ter os libros e documentos que che fagan falta.

-Ao iniciar a conversa estamos todos cos micros abertos, pero cando eu o indique, tedes que apagalos e abrilos soamente cando teñades turno de palabra. Ao despedirnos xa podemos abrilos todos e falar libremente!

-Antes de iniciar a chamada, colocar na mesa todo o material organizado. É o día que toca correxir, así que tede a man o estoxo e a libreta de dúbidas. Os libros e libretas deberían estar tamén xa abertos pola páxina que toca, na que fixéstedes os deberes.

Penso que con estas sencillas indicacións irá todo mellor e máis organizado!Guiño

Hoxe é mércores, e se mirades no horario, tocaríanos Lengua e Ciencias.

LENGUA

Empezamos tema, o tema 9.

Ledes a lectura da páxina 122 e 123 e facemos os exercicios de comprensión lectora da páxina 124. Facedes o 1,2 e 4.

CIENCIAS NATURAIS

O último que fixéramos fora copiar a parte da nutrición das plantas. Pasamos agora a seguinte e última función vital, a relación.

Copiades na libreta o apartado da relación das plantas e logo facedes da páxina 75 o exercicio 9.

Deixovos un xoguiño para practicar un pouco e repasar o tema do corpo, que sei que vos gusta!

Se non tedes activado o adobe flash, activádeo cando vos saia a pestaniña na pantalla, como nos ordenadores do cole. Pinchade na imaxe...

Tede a man o venres estes exercicios para correxilos.

Recordade que mañá é xoves, non tedes clase comigo! Mirade o blog de 3º e 4º para revisar o traballo que vos tocaría :Plástica, Música e os que teñades Relixión.

Vémonos o venres ás 11:30 por videochamada. Xa chamo eu!Canso

MIL BICOS CHICH@S!

QUEDADE NA CASA! XUNT@S CONSEGUIRÉMOLO!

LIDIA

Distribuir contido