Iniciar sesión: Acceso

LUNS, 20 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s!

Empezamos unha nova semana con enerxía!

Antes de nada falar un pouco da videochamada do venres. Todos moi ben! Sentados, cos libros e as dúbidas preparados...xenial!

O que fallou penso que foi a miña cobertura, pero niso non podemos facer nada. Esperemos que o próximo venres a conexión sexa mellor.

Para correxir imos cambiar de técnica. O martes póñovos as correccións de Mate e Galego do luns, e os xoves póñovos as correccións de Lengua e Ciencias Naturais do mércores. Todo publicado no blog, ok? É dicir, ao día seguinte do traballo, tedes as correccións publicadas.

En canto o traballo de hoxe....

MATEMÁTICAS

Imos adicar esta semana ao repaso do cálculo.

Deixovos un vídeo de repaso, a ver si recoñecedes a alguén!

Facedes na libreta as operacións que vos deixo en documentos adxuntos, escollede 7 operacións de cada ficha, as que vós queirades. Das divisións tedes que facer a proba para comprobar que están ben feitas e rodear as exactas.

GALEGO

Abride as orellas e escoitade....

Encantoume este conto, e non podo estar máis de acordo co que nos conta.Calquera de vós podería ser o protagonista.

Agora, pensade nunha frase que resuma o que este conto nos ensina, non o que nos conta, se non, sobre o que nos fai reflexionar.

A ver que sacades del!

Escribídeme un correo con esa única frase preferiblemente hoxe pola mañá, se non pode ser, pois esta tarde.

Recordade cartamil8@gmail.com

E por si a alguén lle quedaron ganas de seguir traballando....deixovos un xoguiño de repaso.

http://www.infantil.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/3EP_mat_ud1_ai02/frame_prim.swf

Mil bicos!

Seguide quedando na casa!

lidia.-

AdxuntoTamaño
Division_20200420_0814.odt23.96 KB
Multiplicacion_20200420_0811.odt24.02 KB