Bos días chic@s!
Gustoume moito ver como estades animados, activos e contentos. Facer videochamadas mola, pero para as vindeiras ocasións vou a dar unha serie de recomendacións que teremos que ter en conta:
-Situarme nun sitio da casa donde poida ter o aparato co que me conecto sobre unha superficie con espacio. Unha mesa é un sitio ideal, así terás espacio suficiente para ter os libros e documentos que che fagan falta.
-Ao iniciar a conversa estamos todos cos micros abertos, pero cando eu o indique, tedes que apagalos e abrilos soamente cando teñades turno de palabra. Ao despedirnos xa podemos abrilos todos e falar libremente!
-Antes de iniciar a chamada, colocar na mesa todo o material organizado. É o día que toca correxir, así que tede a man o estoxo e a libreta de dúbidas. Os libros e libretas deberían estar tamén xa abertos pola páxina que toca, na que fixéstedes os deberes.
Penso que con estas sencillas indicacións irá todo mellor e máis organizado!
Hoxe é mércores, e se mirades no horario, tocaríanos Lengua e Ciencias.
LENGUA
Empezamos tema, o tema 9.
Ledes a lectura da páxina 122 e 123 e facemos os exercicios de comprensión lectora da páxina 124. Facedes o 1,2 e 4.
CIENCIAS NATURAIS
O último que fixéramos fora copiar a parte da nutrición das plantas. Pasamos agora a seguinte e última función vital, a relación.
Copiades na libreta o apartado da relación das plantas e logo facedes da páxina 75 o exercicio 9.
Deixovos un xoguiño para practicar un pouco e repasar o tema do corpo, que sei que vos gusta!
Se non tedes activado o adobe flash, activádeo cando vos saia a pestaniña na pantalla, como nos ordenadores do cole. Pinchade na imaxe...
Tede a man o venres estes exercicios para correxilos.
Recordade que mañá é xoves, non tedes clase comigo! Mirade o blog de 3º e 4º para revisar o traballo que vos tocaría :Plástica, Música e os que teñades Relixión.
Vémonos o venres ás 11:30 por videochamada. Xa chamo eu!
MIL BICOS CHICH@S!
QUEDADE NA CASA! XUNT@S CONSEGUIRÉMOLO!
LIDIA