Bos días chic@s!
Menudos días de veranito temos! A ver se pronto nos deixan ir ata as praias a bañarnos....eu estouno desexando!
Esta semana tedes que facer o traballo das Pioneiras, xa sabedes. Buscade a información en internet e logo entregades o traballo no cole ou o enviades por correo electrónico ao cole ou titoras.
Eu vou a deixarvos uns xogos de repaso :
LENGUA
http://www.xtec.cat/~jgenover/sinonimia0.htm
http://www.genmagic.net/sopasdeletras/antonimos.swf
CIENCIAS
https://cplosangeles.educarex.es/web/cmedio3/nuestrocuerpo/indice.htm
O venres temos videochamada, propóñovos un xogo. Tedes que facer unha breve descrición de un compañeiro de clase ou dunha profe, lédela e o resto intentamos averiguar de quen se trata.
Recordade ir dando datos máis globais ao principio para logo ir concretando cousas...por exemplo...é unha persona (non digo se neno ou nena) moi simpática (por agora pode ser calquera). Gústalle moito ler libros de fútbol (todavía non concretei). Mide máis ou menos como eu (xa vou concretando), entendedes?
Podedes empezar dando datos de gustos e forma de ser e logo ir dando datos físicos.
Recórdovos que sodes varios os que aínda non me enviástedes donde estaba o erro nas correccións dos deberes. Xa vos dixen, que cada un ten que buscar o horario que mellor lle veña, pero intentade levar os deberes ao día. É moito máis satisfactorio para un mesmo ter o traballo feito!
O venres vémonos!
Mil bicos molones!
Estádelo facendo moi ben!
Lidia