Iniciar sesión: Acceso

LUNS, 25 DE MAIO DE 2020

Bos e calurosos días chic@s!

Preparados para arrancar a última semana de Maio?

Xa vos adiantei o venres, que esta semana imos facer un traballo que nos propón o Club de Letras. Trátase de darlle un volta a un conto tradicional buscando un cambio de roles que se adapte máis a realidade actual.

Tédelo explicado no adxunto que atopades máis abaixo.

O traballo podedes facelo por escrito ou co ordenador e tedes que entregalo antes do venres 29 de Maio a través do correo electrónico.

Se o facedes a man, revisade a foto que lle saquedes para que se vexa ben a letra.

Déixovos unhas recomendacións para que teñades en conta antes de poñervos a escribir:

1º Escribir todas asideasque atopes ou che veñan á cabeza, A SUCIO

2º Organiza esas ideas na orde en que queres que aparezan.

3º Faun borrador.

4º  Revisa e corrixe( ortografía, puntuación...)con calma o borrador

5º Pásaa a limpo coa mellor letra e presentación posible.

En canto a MATEMÁTICAS, imos facer os problemas 7, 8 , 9, 10, 11 e 12 do caderniño de problemas que vos din o luns pasado e que vos volvo a deixar aquí. Son para mércores, día no que vos poño as solucións con un erro que tedes que atopar e comunicarme.

Quédavos traballiño, non moito....non  vos queixedes!

Recordade preguntar tódalas dúbidas que teñades!

Ánimo que xa queda pouco!

Mil bicos molones!

Estámolo conseguindo!

Lidia.-

AdxuntoTamaño
cuadernos-de-RESOLUCIÓN-PROBLEMAS_3º27-4-20.pdf1022.85 KB
IGUALDADE 3º-4º...pdf458.34 KB