Iniciar sesión: Acceso

LUNS, 1 DE XUÑO DE 2020

Bos días chic@s!

Chegamos a Xuño! A recta final deste curso medio raro.

Temos unha proposta de traballo final moi chula. Tédelo todo explicado na páxina principal da web do cole. É un proxecto sobre Magallanes, o noso fío conductor este curso.

O proxecto ten varias actividades con diferentes niveis, a idea é que fagades as que se adapten ao voso nivel. Xa veredes que algunhas son moi sencilliñas para infantil.

Contade que tedes como dúas semanas para facelo. É moi completo, adicádelle tempo a actividade final para facer un traballo xa case de nivel de cuarto!

Teredes que imprimilo, polo que, quen o necesite que mo faga saber  para poder ir ao cole a buscar unha copia.

Déixovos un traballo complementario de Mate. Imos rematar o caderniño de problemas para o mércores. Como sempre, poñereivos as solucións con algún erro que tedes que descubrir.

Quédavos outra vez en documentos adxuntos.

Se tedes algunha dúbida preguntádeme sen problema!

Mil bicos chic@s!

Xa case o conseguimos!

LIDIA.-Guay

AdxuntoTamaño
cuadernos-de-RESOLUCIÓN-PROBLEMAS_3º27-4-20(1).pdf1022.85 KB