Bos días chic@s!
Espero que descansárades nestas vacacións tan extrañas que tivemos!
Eu dediqueime a descansar un pouquiño e a traballar outro pouquiño.Estou preparando uns vídeos para poder explicarvos cousas e que vos resulte máis divertido. Estou convertíndome nunha auténtica youtuber!
Empezamos a terceira avaliación, e imos facer uns cambios na maneira que tiñamos de traballar ata o de agora.
Hoxe, como é un día de transición, imos facer un par de cousiñas moi sinxelas.
En primeiro lugar temos un novo horario. Podedes copialo chulo nunha folla para saber sempre o que vos toca. Está en documentos adxuntos.
O segundo que tedes que facer é entrar na páxina de Santillana seguindo o enlacer que mandei as vosas familias para familiarizarvos cos libros. Pasade follas, intentade buscar unha folla en concreto, metede vós solos o usuario e contrasinal,mirade que temas nos faltan por dar...Practicade esas cousas que logo vos darán autonomía para traballar.
En terceiro lugar, como xa todos tedes instalado HANGOUT, revisade o correo, tedes unha invitación a unha conversa. Aceptádela e entrades na conversa de terceiromolondevalon para saudar cunha carita, ok? Así xa confirmo que vos teño a todos por alí e vos ides familiarizando tamén coa aplicación.
E por últimio, tedes que buscar unha libretiña pequena. Se non tedes, construíde unha cuns folios, que será máis chulo tamén! Con dez follas xa nos chegan.
Decorades a portada e poñedes: "DÚBIDAS PARA O VENRES SABICHÓN".
Esa libreta será donde ides apuntar todas as dúbidas que vos vaian surxindo pola semana. Se non poden esperar a ser solucionadas o venres, pois ese mesmo día me escribides un correo ou mo preguntades por HANGOUT. para que vos axude.
Si mirades o horario, vedes que o venres toca videochamada, pois será ahí o momento de solucionar dúbidas, correxir e vernos un pouco.O día de poñerse guapo!
Pois esto por hoxe. Revisade esas catro cousas que tedes que facer !
Moitos bicos e ....seguide quedando na casa!
Empeza a aventura! Xuntos conseguirémolo e pasarémolo moi ben!
Lidia.-
Adxunto | Tamaño |
---|---|
HORARIO 3º AVALIACIÓN.odt | 10.49 KB |