Iniciar sesión: Acceso

XOVES, 2 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s! Estamos tod@s?

Antes de nada, a proba de enviarme onte un exercicio de Mate, foi moi ben. Enviástela todos e seguindo as indicacións que vos din. Para a próxima a ver si podedes poñer en asunto, o voso nome.

Como vos foi co trabalinguas? Eu por máis que o intento non hai forma de dicilo rápido, trábaseme a lingua!

Lucas envioume unhas fotos dunhas galletas xeniais, non sei como saberían , pero tiñan unha pintaza! De monstruítos! Xa lle dixen que me enviara a receita, pedídella vós tamén se queredes....está feito un cociñeiro!

Eu estiven investigando aplicacións para poder conectarnos e facer videochamadas para explicarvos contido novo. Imos probar unha que se chama ZOOM. Tedes que instalala como unha aplicación calquera. FACÉDEO CON AXUDA DA VOSA FAMILIA.

Intentade cambiarlle o idioma para que estea en castelán. A propia aplicación non ten a opción , se a instala en inglés, decídemo e dígovos como cambialo.

Cando todos a teñades, enviádesme un correo de confirmación e podemos empezar. Por favor, empregade sempre o mesmo correo para comunicarvos comigo, porque despois xa non sei a que correo teño que contestar.

Non sei se vos fixástedes que agora aparecen máis blogs na páxina web. É porque xa vai estar todo clasificado, polo que vós tedes que seguir vendo este pero tamén estade atentos o de 3º e 4º, porque Marta pode poñervos alí as cousas de C.Sociais. Begoña poñeravos neste as cousas de Inglés, de feito xa tedes unha entrada dela.

Con respecto ao traballo de onte, as correccións de Mate:

Páxina 121

Exercicio 9 . Longitud de 525 metros.

Exercicio 10. Compra 435 baldosas en total.

Hoxe imos traballar de Galego.

Colledes o libro de texto e vos poñedes na lectura do tema 2 e logo facedes os exercicios de comprensión lectora 1 e 2.

Collemos C.Naturais

Da páxina 69, ledes a nutrición nas plantas.

Copiades na libreta o esquema da nutrición das plantas e debaixo copiades os tres puntos en negrita que veñen no apartado coa explicación.

A continuación facedes da páxina 69 o exercicio 2.

Facemos dúas fichas de repaso da primeira avaliación.

Para cando acabedes todo, ou para pola tarde, deixovos este xogo en galego tan divertido!

É mellor xogar  con algúen!

https://view.genial.ly/5e720df40ee9570f5b714b86

E ata aquí, hoxe xa tedes bastante traballo. Recordade instalar o ZOOM, a ver se pode ser para pola mañá e vemos se o podemos probar entre hoxe e mañá. Así nos vemos, que xa teño ganas!

A clase de hoxe voulla adicar a Martín, que me enviou unha foto dunha construcción de Lego moi molona e a min tamén me encantas os Lego! A ver se che gusta! Está en inglés, pero vale a pena!

MOITOS BICOS CHICOS!

ÁNIMO QUE XA É XOVES! QUEDADE NA CASA!

LIDIA.-