Iniciar sesión: Acceso

Educación Infantil, Aula de 3 anos

2º PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2008

O noso centro acadou un 2º premio á innovación educativa 2008 por un proxecto desenvolvido o curso pasado pola mestra de Educación Infantil, Patricia Martínez, e os seus alumnos de 5 anos (neste curso, alumnos de 1º de Primaria) en coordinación coa mestra Beatriz Vives e os seus alumnos de 4 anos do C.P.I. Camiño de Santiago no concello de O Pino.

"DIA DA CIENCIA MÁXICA CON AUGA"

ENTROIDO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

Como ven sendo habitual no noso cole, para o Entroido escóllese unha temática común sobre a cal terán que facerse os disfraces e as comparsas de cada ciclo. Este ano, o tema escollido foi "O Cambio Climático".

CUMPRINDO AS ESIXENCIAS DO NOSO MECO: "TONECHO"

As nenas e nenos de Educación Infantil, como podedes ver, son moi mandadiños e lle fixeron caso a todo canto lles mandou facer o meco Tonecho. A verdade é que, mais que por facelle caso ao meco, viñeron con vestidos con mandil e gorro porque non querían que o xuiz do Entroido lle botara ovos e fariña...

PREMIO "MEDRANDO SANS" PARA UNHA EXPERIENCIA DIDÁCTICA DESENVOLVIDA NO C.E.I.P. A LAXE

A mestra de Educación Infantil, Patricia Martínez Díaz, gañou un dos premios "Medrando Sans" para secuencias didácticas dirixidas a educación infantil que promovan a adquisición de hábitos saudables relacionados coa alimentación e o exercicio físico.

Distribuir contido