O noso centro acadou un 2º premio á innovación educativa 2008 por un proxecto desenvolvido o curso pasado pola mestra de Educación Infantil, Patricia Martínez, e os seus alumnos de 5 anos (neste curso, alumnos de 1º de Primaria) en coordinación coa mestra Beatriz Vives e os seus alumnos de 4 anos do C.P.I. Camiño de Santiago no concello de O Pino.
O proxecto premiado titúlase "De San Andrés de Teixido a Fisterra pasando por Compostela" e está baseado nas obras pictóricas do artista coruñés Jorge Peteiro.
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ten publicado este traballo e todos os anexos (fotos, vídeos, memoria, xogos, actividades, etc.) no seguinte enlace http://centros.edu.xunta.es/contidos/premios08/?p=203.
Dende este enlace, tamén poderedes descargar todo o material premiado pero tedes que ter paciencia porque é un material moi extenso e tarda moito en descargar pero... vale a pena!!
Agardamos que vos guste.