Iniciar sesión: Acceso

CUMPRINDO AS ESIXENCIAS DO NOSO MECO: "TONECHO"

As nenas e nenos de Educación Infantil, como podedes ver, son moi mandadiños e lle fixeron caso a todo canto lles mandou facer o meco Tonecho. A verdade é que, mais que por facelle caso ao meco, viñeron con vestidos con mandil e gorro porque non querían que o xuiz do Entroido lle botara ovos e fariña...

Que guapiños están!! verdade? As súas mestras, Pili e Patri, tamén lle tiveron medo ao xuiz de Entroido e preferiron disfrazarse como lles mandou...

Xa vos seguiremos contando cousiñas do Entroido no C.E.I.P. A Laxe. Adiántovos unha cousa: Este ano todos os ciclos terán que disfrazarse de ago relacionado co "Cambio Climático".

Ata outra!!