A mestra de Educación Infantil, Patricia Martínez Díaz, gañou un dos premios "Medrando Sans" para secuencias didácticas dirixidas a educación infantil que promovan a adquisición de hábitos saudables relacionados coa alimentación e o exercicio físico.
A secuencia didáctica gañadora leva o título "Atrévete a probar" e toma como referencia o Restaurante Terrorífico que se fixo en educación infantil con motivo do Samaín. Co desenvolvemento desta proposta didáctica preténdese que, as nenas e nenos, se acostumen a probar todo tipo de alimentos e a non rexeitalos sinxelamente pola súa aparencia.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou un libro titulado "Medrando Sans, de bocado en bocado... de xogo en xogo, experiencias de aula" no que recolle as secuencias didácticas gañadoras, entre as cales se atopa a desenvolvida nas aulas de infantil do noso cole e que, según nos confirmaron dende a asesoría de infantil da Xunta de Galicia, se vai enviar a todos os centros educativos de Galicia.
Nos adxuntos que aparecen a continuación podedes ver o libro completo, tal como está publicado. A secuencia "Atrévete a probar" aparece na páxina 86.
Agardamos que vos guste.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Medrando Sans-Libro completo.pdf | 6.17 MB |
Medrando Sans-Portada.pdf | 293.68 KB |