No noso proxecto da prehistoria, as nenas e nenos da aula de 4 e 5 anos, estamos a estudar as pinturas rupestres polo que fixemos un obradoiro para pintar na nosa cova prehistórica, as mesmas pinturas rupestres que facían os homes e mulleres daquela época. Tomamos como referencia a cova de Altamira e intentamos imitar as pinturas rupestres que ten no seu interior.
O obradoiro comezou co pintado das mans, primeiro en positivo, é dicir, mollándoas en pintura e estampándoas nas paredes da cova; e seguidamente en negativo, é dicir, poñendo as mans sobre as paredes e marcando o seu contorno, ben soprando a través dunha cana chea de pintura ou ben mollando a outra man en pintura e sinalando o contorno.
Aquí podedes ver estas dúas actividades deste obradoiro:
Continuará...
Na aula de 4 e 5 anos estamos a desenvolver un proxecto sobre a prehistoria e estamos aprendendo moitas cousas sobre esta época.
Xa levamos feitas moitas actividades, e imosvos contar algunhas delas:
* As mamás e papás de Arón e Cecilia axudaronnos a montar unha cova prehistórica na nosa clase, na que podemos xogar como se fosemos auténticos homes e mulleres da prehistoria. Mirade que chula... Ollo!! que temos ao noso esquelete Manolito vestido de prehistórico vixiando a entrada da cova...
* Tamén fxemos un mural moi grande no que, cada un de nós, estaba vestido con roupas prehistóricas e imitaba un traballo daquela época. Mirade algunhas fotos...
Xa vos iremos contando outras cousiñas que vaiamos facendo.
Ata a próxima!!
Ao longo de todos estes días estivemos coidando moitísimo aos nosos porquiños crecepelos: regámolos todos os días, cambiámoslles a auga, poñémolos ao sol, ...