Iniciar sesión: Acceso

Educación Infantil, Aula de 3 anos

SEGUNDO PREMIO CON MEDUSÓPOLIS999

2º PREMIO DO CEIP A LAXE

V Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 19ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense

 

 

 

 

 

A Concellaría de Cultura, Normalización Lingüística e Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o V Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 19ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.

O Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo nunha linguaxe atractiva para o alumnado que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

ALEJANDRO RUIZ SÁNCHEZ GAÑADOR DO 14º CONCURSO "POESÍA E IMAXE"

A nosa noraboa a Alejandro Ruiz Sánchez de educación infantil (5 anos) por ser o gañador, na categoría infantil, do 14º concurso "Poesía e Imaxe: en galego sen filtro" organizado pola coordinadora de equipos de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol. A continuación podedes ver algunas fotos da exposición e da entrega de premios. Por certo, se vos apetece podedes ver a exposición no Centro Cultural Carvalho Calero.

DIA DE INTERNET

O vindeiro 17 de maio celebrarase o "Día de Internet" e por tal motivo o alumnado de 4 e 5 anos fixo uns debuxos para presentar ao certame "Cuéntame como ves internet". Premendo no logo accederedes á páxina onde se atopan colgados todos os debuxos e poderedes votalos. 



Agardamos os vosos votos!!

NÓS TAMÉN CREAMOS

As mestras Lidia, Teresa, Patri e Begoña, coordinaron a rodaxe da curtametraxe "A tartaruga que quería durmir" baseada no conto que leva o mesmo título publicado por OQO editora, na cal estiveron implicados todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil. Este traballo forma parte do programa "Nos tamén creamos" da Xunta de Galicia, a TVG e OQO editora para o fomento do uso do galego e das novas tecnoloxías na educación. Fomos 50 os centros seleccionados para participar neste proxecto e podedes ver os traballos realizados polos outros colexios na sección infantil da web da TVG, pero aquí vos deixamos a que fixemos nós. Agardamos que vos guste.

Distribuir contido