Iniciar sesión: Acceso

Educación Infantil, Aula de 3 anos

OS PORQUIÑOS CRECEPELOS XA TEÑEN PELO!!

Ao longo de todos estes días estivemos coidando moitísimo aos nosos porquiños crecepelos: regámolos todos os días, cambiámoslles a auga, poñémolos ao sol, ...

 

XA CRECEU O NOME DO COLE, MIRADE!!

Que vos parece? Quedou moi chulo, ou non? Seguiremos regando para que siga medrando.

PLANTAMOS NA HORTA DO COLE

O primeiro que plantamos foi a planta de fresas que nos trouxeron as nais de Marcos de Iván Soto. Despois plantamos o millo que nos trouxo a nai de Lucía Sequeiro, calabacines, cenorias e as leitugas que nos trouxo a profe Begoña.

 

 

FACEMOS O NOME DO COLE CON CÉSPEDE

Aproveitando que tiñamos sementes de céspede, que nos sobraron de cando fixemos os porquiños crecepelos, decidimos facer o nome do cole con elas.

Nunha bandexa grande botamos terra e escribimos o nome do noso cole: "A LAXE". E agora toca esperar...

Seguirémosvos informando...

OS PORQUIÑOS CRECEPELOS

Que divertido!! Queredes saber o que fixemos? Pois nestes días fixemos un porquiño crecepelos para cada un.

 

Para facelos necesitamos os seguintes materiais:

* Unha media de cor carne.

Distribuir contido