Iniciar sesión: Acceso

OS PORQUIÑOS CRECEPELOS

Que divertido!! Queredes saber o que fixemos? Pois nestes días fixemos un porquiño crecepelos para cada un.

 

Para facelos necesitamos os seguintes materiais:

* Unha media de cor carne.

* Sementes de céspede.

* Serrín.

* Goma Eva para decorar.

 

O proceso foi o seguinte:

* Primeiro botamos unhas poucas sementes de céspede na media.

* A continuación, botamos bastante serrín e apretámolo ben todo para que quede compacto.

* Facemos un nó para pechar a media e que non escape o serrín.

* Decoramos con Goma Eva.

* Deixámolos nunhas bandexas con auga e regamos todos os días.

 

E....... a agardar. A ver que ocorre dentro duns días...

 

Aquí tedes unhas fotos de todo o traballo que fixemos.

 

 

 


Dentro duns días contarémosvos que pasou. Ata pronto!!