2º PREMIO DO CEIP A LAXE
V Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 19ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense
A Concellaría de Cultura, Normalización Lingüística e Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o V Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 19ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.
O Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo nunha linguaxe atractiva para o alumnado que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.
Comentarios
Medusópolis999
PARABÉNS Á PROFE PATRI E ÁS NENAS E NENOS QUE FIXERON POSIBLE MEDUDÓPOLIS999: ALEJANDRO, CATALINA, ELISA, CARMEN F., CARMEN, AMANCIO, ANXO, ALVARO, ENEKO... POLO SEU MAGNÍFICO TRABALLO.