Por fin veu un papá a contar un conto, trátase de Óscar o pai de Antía da aula de de 4 anos. Nesta ocasión Óscar contoulles un conto moi divertido titulado "Hilderita e Maximiliano", que narra as peripecias dunha parella de xoaniñas.
O día 30 de xaneiro celebramos no colexio o "Día da Paz". Para tal ocasión, as nenas e nenos de Educación Infantil, estiveron traballando ao longo do mes de xaneiro, o tema da multiculturalidade, a través de diferentes actividades.
Nesta ocasión foi Inés, a nai de Juan de 5 anos, a que participou no proxecto Contos en Familia narrando a historia de "Rabibranca", unha coelliña de cor branca que sufría o desprecio dos outros coelliños por ter unha cor diferente a eles.
Tivemos unha nova visita para a actividade "Contos en Familia". Neste caso trátase de María e Ángeles, a nai e a avoa de Marcos, que nos contaron a historia dun peixiño chamado Nadarín.