Nesta ocasión foi Inés, a nai de Juan de 5 anos, a que participou no proxecto Contos en Familia narrando a historia de "Rabibranca", unha coelliña de cor branca que sufría o desprecio dos outros coelliños por ter unha cor diferente a eles.
Despois de contarnos o conto, Inés, ensinounos o funcionamento dun pozo. Con materiais que trouxo da súa casa montou un pozo na biblioteca para que as nenas e nenos experimentaran con el: Propúxolles que colleran pezas dun xogo de construccións e que as meteran nas cestiñas do seu pozo e que observaran o que acontecía. As nenas e nenos desfrutaron moitísimo xogando co pozo que lles trouxo Inés.
A continuación, Inés deulles un debuxo dun labirito no que tiñan que axudarlle a Rabibranca a atopar o camiño do pozo.
Xa para rematar, Inés quixo facer uns xogos no ximnasio coas nenas e nenos. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas con Inés. Moitas gracias.
Seguimos agardando a todos os familiares da nenas e nenos de Educación Infantil que queiran pasar un ratiño con nós e contarnos un conto.