Tivemos unha nova visita para a actividade "Contos en Familia". Neste caso trátase de María e Ángeles, a nai e a avoa de Marcos, que nos contaron a historia dun peixiño chamado Nadarín.
Unha vez rematado o conto, María e Ángeles, fixeron un xogo coas nenas e nenos, no que se tiñan que ir pasando un globo mentres soaba unha música e, a nena ou neno que tivera o globo nas mans cando paraba a música tiña que meterse no medio do círculo.
O gañador absoluto do xogo foi David que recibíu como agasallo un globo enorme.
Pero todas e todos tiveron agasallos: un globo e unha gominola de Nadarín.
Por último, María lles cantou unha canción con xestos.
Cando chegamos ás aulas coloreamos un debuxo de Nadarín que nos trouxo María.
Moitas gracias por participar e seguiremos contándovos...