O día 30 de xaneiro celebramos no colexio o "Día da Paz". Para tal ocasión, as nenas e nenos de Educación Infantil, estiveron traballando ao longo do mes de xaneiro, o tema da multiculturalidade, a través de diferentes actividades.
O tema foi introducido nas aulas de infantil a partir do poema "Amigos de cores" (adxunto ao remate desta páxina), que é unha traducción ao galego do poema "Amigos de colores".
As nenas e nenos estiveron traballando nas aulas, as diferentes razas, culturas, ... e como complemento deste traballo, todas as familias elaboraron un cartel cun lema sobre a multiculturalidade que, se encadernaron todos xuntos para formar o libro "Carteis pola Paz" que anda a viaxar por todas as casas para que todas as familias poidan desfrutar dos preciosos carteis que elaboraron. (Nuns días colgarémolos nesta web).
Outra actividade foi elaborar un mural moi grande, onde se reflexara a unión entre as diferentes razas e culturas, que contou co lema "Amigos de cores unamos as mans, un arco da vella imos formar".
O venres 30, despois de levar un mes traballando, celebramos o día da Paz cun acto conxunto de todo o colexio. As nenas e nenos de infantil estiveron moi atentos a todas as actividades que fixeron o seus compañeiros e compañeiras de primaria...
Despois tocoulle o turno a eles, e recitaron o poema que aprenderan: "Amigos de Cores". Fixérono moi ben e recibiron o aplauso de todas as compañeiras e compañeiros e das mestras e mestres.
A continuación, un por un, todos os alumnos e alumnas do colexio foron pegando arredor dun mapa do mundo, unha pombiña que contiña unha frase sobre a paz e, así rodeamos o mundo (cheo de conflictos), dunha bonita esperanza de PAZ.
E xa, para rematar os festexos deste día, todos xuntos cantamos a canción "Queremos Paz" de Maná e vimos unha montaxe con fotos relacionadas co tema.
AS NENAS E NENOS QUEREMOS PAZ E NON A GUERRA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AMIGOS DE CORES.pdf | 54.31 KB |
carteis pola paz.ppt | 5.24 MB |