try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Reciclamos

NOVOS COLECTORES SELECTIVOS

Grazas ao Concello por traernos estes colectores de recollida selectiva e así aportar o seu gran de area para conseguir reciclar o lixo no noso centro.

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA

 

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA AUGA, un día no que quixemos crear conciencia sobre a importancia de manter as augas limpas, o noso planeta Terra está cuberto case un 70% de auga, así que podedes imaxinar por que temos que ser conscientes do coidado desta gran parte do noso planeta.

Para isto, volvemos a botar man da nosa TEPOTECA, onde hai libros interesantísimos sobre esta temática, nesta ocasión traballamos o conto:

"Alejo"o cangrexo, tiña que cambiar de cuncha e non atopaba máis que lixo no mar e nas praias.

Esta divertida historia, levou a procurar solucións para evitar situacións como a que lle ocorría a "Alejo".

A solución resultou ser moi sinxela, RECICLAR e tirar cada cousa no lugar axeitado. Así que, o alumnado de 1º curso puxémonos mans á obra:

Lemos, investigamos e divulgamos.

 

Seguimos cos ODS:

 

Distribuir contido