try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Día da Paz

30 DE XANEIRO - DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e, no CEIP de Rebordáns, conmemorámolo con diferentes actividades nas aulas.

Os pequechos e pequechas de intantil fixeron unha construcción corporal para crear as letras de "PAZ".

No primeiro ciclo crearon unhas pulseiras chulísimas, mancharon as mans de pintura para unir un corazón xigante de cores e decoraron as fiestras con nubes cheas de palabras de paz.

No segundo ciclo coñeceron e estudaron a labor de persoas importantes ao longo da historia, que loitaron por un mundo mellor, como Wangari Maathai, primeiro Nobel da Paz a unha muller africana.

No terceiro ciclo, entre outras cousas, reflexionaron sobre o significado da palabra paz, das maneiras de acadala e buscaron información sobre os Premios Nobel da Paz dos últimos 15 anos.

Ademais, as áreas de Inglés e Educación Física tamén estiveron presentes nesta conmemoración, traballando sobre o coñecido discurso "I have a dream..." e sobre o Mural da Tregua dos Xogos Olímpicos.

E que mellor canción que "Por qué no ser amigos", de Hombres G, para pór o fío musical a este día de reinvindicación.

  

 

6º DE PRIMARIA NA REBORRADIO

Os nosos locutores e locutoras de 6º de primaria radiáronnos un programa interesantísimo onde, entre outros temas, falaron sobre o día da Paz, data que temos presente todos os días do ano.

Seguimos traballando os ODS, neste caso o ODS 16: sobre a Paz, xustiza e institucións sólidas.

Pinchade na imaxe para escoitar a nova emisión de Reborradio.

 

DIA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Ola a todos e todas!

Tepo e Tepa levan toda a semana moi interesados en saber por que hoxe se celebra o Día da Paz. As súas pesquisas deron froito e compartiron dita información no corredor do colexio para que tod@s estivésemos ao corrente.

Os pequechos e pequechas de infantil puxeron todo o entusiasmo para facer este fantástico mural da paz.

Hoxe homenaxeamos a personaxes como Malala Yusafzai, Ann Muzunchuck, Kailash Sathyarthi, Martin Luther King, Nelson Mandela ou Rigoberta Menchú. Que non sabedes quen son? Pinchade na foto.

O alumnado de Primaria de Rebordáns cóntavolo a través dos vídeos.

REBORDÁNS, CÁMARAS E...ACCIÓN!

Distribuir contido