Skip to Content

REBORRADIO 

 

30 DE XANEIRO - DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e, no CEIP de Rebordáns, conmemorámolo con diferentes actividades nas aulas.

Os pequechos e pequechas de intantil fixeron unha construcción corporal para crear as letras de "PAZ".

No primeiro ciclo crearon unhas pulseiras chulísimas, mancharon as mans de pintura para unir un corazón xigante de cores e decoraron as fiestras con nubes cheas de palabras de paz.

No segundo ciclo coñeceron e estudaron a labor de persoas importantes ao longo da historia, que loitaron por un mundo mellor, como Wangari Maathai, primeiro Nobel da Paz a unha muller africana.

No terceiro ciclo, entre outras cousas, reflexionaron sobre o significado da palabra paz, das maneiras de acadala e buscaron información sobre os Premios Nobel da Paz dos últimos 15 anos.

Ademais, as áreas de Inglés e Educación Física tamén estiveron presentes nesta conmemoración, traballando sobre o coñecido discurso "I have a dream..." e sobre o Mural da Tregua dos Xogos Olímpicos.

E que mellor canción que "Por qué no ser amigos", de Hombres G, para pór o fío musical a este día de reinvindicación.

  

 


page | by Dr. Radut