try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

2022-2023

VOLVEN OS BOOKTUBERS!

Tepo e Tepa esperan de novo as vosas fantásticas recomendacións.

Esperamos moitos vídeos!

CREANDO CONCIENCIA "Día da Candeloria"

Así di un dos ditos sobre a data de hoxe, 2 de febreiro de 2023.

Para axudar a CREAR SORRISOS MEDIOAMBIENTAIS, imos levar a cabo unha actividade moi bonita no cole.

Primeiro, queremos crear conciencia analizando esta imaxe.

Fotografía:Clive Anthony no Mitchells Plain Hospital, Cidade do Cabo, Sudáfrica.

Temos que coidar moito o noso planeta para evitar situacións coma a que aparece na fotografía, que podemos facer?

Queremos poñer o noso gran de area e imos colocar no patio da nosa escola, casiñas decoradas polo noso alumnado para facilitar un pouco o "confort" aos paxariños da nosa contorna.

Fotografía: pexels.com 

Desta maneira colaboramos a conseguir os ODS 13: Acción polo clima e os ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres.

Mostraremos os resutados tan pronto estén rematadas.

 

6º DE PRIMARIA NA REBORRADIO

Os nosos locutores e locutoras de 6º de primaria radiáronnos un programa interesantísimo onde, entre outros temas, falaron sobre o día da Paz, data que temos presente todos os días do ano.

Seguimos traballando os ODS, neste caso o ODS 16: sobre a Paz, xustiza e institucións sólidas.

Pinchade na imaxe para escoitar a nova emisión de Reborradio.

 

AXUDANTES BIBLIOTECA

Tepo e Tepa están moi orgullosos dos seu axudantes dos cursos de quinto e sexto de primaria.

Están a facer unha tarefa superimportante.

Seguide así, rapazas e rapaces!

Parabéns!

 

MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!

 Ola familias! 

De novo, poñemos en marcha as mochilas viaxeiras

As mochilas irán de casa en casa con lecturas para ser compartidas en familia.

Poderedes telas en casa durante unha semana, e despois voltarán ao cole para contarnos que tal foi todo. 

No caderno viaxeiro compartide as vosas vivencias e anécdotas, facede debuxos ou pegade fotos.

Lembrade que é importante a puntualidade. Así todas as familias poderán gozar coa mochila.

Contén tamén unha enquisa onde poderedes aportar todas as ideas que axuden a mellorar esta iniciativa.

Esperamos a vosa colaboración con moita ilusión.

 

Boas lecturas, familias!

 

 

LENDO XUNT@S NO NADAL!

Premede na imaxe para ver as nosas recomendacións para estas datas.

REBORDÁNS, CÁMARAS... E ACCIÓN!

E por fin chegou o día!

Despois de superar os retos do día das bibliotecas, tocaba gozar da nosa recompensa... o visionado de dúas estupendas películas: El monstruo de colores e Super 8.

Deste xeito iniciamos o noso proxecto: Rebordáns, cámaras... e acción!

Nos Multicines Norte explicáronnos con todo detalle o funcionamento dunha sala de cine, vimos as películas e comemos flocos de millo.

Pasámolo xenial!

MAXIA NA BIBLIOTECA POLO NADAL!

Tepo e Tepa teñen unha última sorpresa para rematar este primeiro trimestre.

Alumnado e profesorado gozamos co espectáculo de Maxia na manga na biblioteca

 

A ilusión destes días comeza a encher todo o noso cole!

2º DE PRIMARIA NA REBORRADIO.

Premede na imaxe para escoitar a emisión do programa de Reborradio de 2º de primaria.

Esperamos que vos guste.

 

3 DE DECEMBRO - DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O día 3 de decembro celébrase o día da diversidade funcional.

Cada un de nós é moi importante e valioso, ten moito que decir e moito que aportar.

Todas e todos temos habilidades únicas e marabillosas.

Ser diferentes é o máis normal!

Porque no cole de Rebordáns todas e todos estamos baixo o mesmo paraugas!

Preme na imaxe para ver o vídeo.

Distribuir contido