Así di un dos ditos sobre a data de hoxe, 2 de febreiro de 2023.
Para axudar a CREAR SORRISOS MEDIOAMBIENTAIS, imos levar a cabo unha actividade moi bonita no cole.
Primeiro, queremos crear conciencia analizando esta imaxe.
Fotografía:Clive Anthony no Mitchells Plain Hospital, Cidade do Cabo, Sudáfrica.
Temos que coidar moito o noso planeta para evitar situacións coma a que aparece na fotografía, que podemos facer?
Queremos poñer o noso gran de area e imos colocar no patio da nosa escola, casiñas decoradas polo noso alumnado para facilitar un pouco o "confort" aos paxariños da nosa contorna.
Fotografía: pexels.com
Desta maneira colaboramos a conseguir os ODS 13: Acción polo clima e os ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres.
Mostraremos os resutados tan pronto estén rematadas.