try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Desde 1964, para conmemorar a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa.

Tentou frear os choques entre hindús e musulmáns e foi encarcerado en numerosas ocasións. O 30 de Xaneiro de 1948, foi asasinado a tiros por un fanático hinduista.

Mannequin challenge en Rebordáns

Sorry, flash is not available.

A Exposición do colexio en La Voz de Galicia

 

 

Imagen:Oscar Vazquez

Rebordáns enseña a los niños cómo se trabajaba la tierra

Los pasillos del colegio tudense se encuentran repletos de los más variopintos artilugios del campo gallego

"Nas Rías Baixas hai un abandono terrible do campo. E os nenos obviamente descoñecen moitísimo o traballo da terra"

O Barrio esconabótico de Xian

Sorry, flash is not available.

25 DE NOVEMBRO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O CEIP REBORDÁNS, CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro de 1981, foi declarado día Internacional contra a Violencia. Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana. Os seus cadáveres esnaquizados apareceron no fondo dun precipio. Para o movemento popular e feminista da República Dominicana, históricamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia.

Podedes ver o videoconto animado " Superlola" como apoio ao día contra a violencia machista, picando neste enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipderebordans/taxonomy/term/21

 

 

 

O magosto visto dende un " Drone"

Sorry, flash is not available.

O Samaín e as portadas terroríficas

Sorry, flash is not available.

Celebramos o Samaín

Cine, cancións, ilustracións, traga medos,...na celebración do Samaín

HALLOWEEN POSTERS 2016

Sorry, flash is not available.

Distribuir contido