try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Xornada educación vial

Sorry, flash is not available.

Xornada de educación vial no CEIP Rebordáns

Durante dóus dias, alumnado de infantil e primaria do CEIP Rebordáns, participou nunhas xornadas de educación vial impartidas por persoal técnico da Xefatura Provincial de Tráfico dependente da DXT.

Con esta xornada tentouse concienciar ao alumnado sobre os riscos da carretera e a necesidade de cumplir as normas para baixar a siniestralidade.

Nesta formación houbo charlas e circuitos con bicis e karts para aprender como se deben trazar as rotondas, cales son os sinais básicos, as precaucións a adoptar sobre unha bicicleta... e sobre os cuidados que deben ter como peóns.

Tempo de castañas, o magosto

O Magosto é unha festa tradicional na que se xuntaban veciños, familias e amigos para celebrar o fin dunha nova colleita. Coa expansión do cultivo de castiñeiros polos romanos, o seu froito converteuse na base da alimentación da poboación, como froito fresco, seco ou moído para facer fariña. A castaña tamén tivo gran importancia na vida e na economía das terras, dos mosteiros, dos nobres e dos seus arrendados. Aproveitaban a madeira, o seu froito e esixíase a plantación de soutos nas terras e moitas rendas ou parte delas cobrábanse en castañas, tamén coñecidas como 'o pan dos pobres'. Desde finais do século XVIII a xeneralización do millo e a pataca de América fixeron que as castañas perdesen o seu protagonismo na alimentación campesiña e xa no século XIX, graves enfermidades arbóreas levan por diante moitos soutos e xa no século XX, o abandono do medio rural, as novas enfermidades nas árbores e os incendios poñen en perigo esta especie.

Festexamos o Samaín

As cabazas e os disfraces máis terroríficos invaden o noso centro.

Samaín, a orixe celta de Halloween

O Samaín “ fin do verán” ten a súa orixe nos celtas.

O 31 de outubro, os celtas celebraban a festa para conmemorar a recollida das colleitas, a almacenaxe dos productos para pasar o inverno e o final do verán.

Este dia era o inicio do ano novo “ Ano Novo Celta”. Os celtas acendían fogueiras para escorrentar aos espíritos malos e percorrían as casas buscando comida para o culto ás divinidades acompañados de caveiras, despois foi costume o vaciar nabos e na actualidade as cabazas.

Co cristianismo esta festa pagá cristianizouse dando orixe á festa de " Todos os Santos". Os irlandeses foron os únicos que mantiveron moi viva esta tradición e exportárona a Estados Unidos, onde deu lugar á celebración de HALLOWEEN.

O Pergamiño Vindel volve a Vigo despois de 800 anos

O Pergamiño Vindel (Nova York, Biblioteca e Museo Morgan, ) é un pergamiño copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén sete cantigas de amigo do trobador galego Martín Códax.

En 1914, o comerciante de libros antigos Pedro Vindel (Cuenca 1865-1921), atopou este pergamiño de forma fortuíta na súa librería.

Vindel acabou vendendo o pergamiño ao diplomático Rafael Mitjana, que o conservou na súa casa de Upsala (Suecia) ata que o venderon os seus herdeiros ao coleccionista Otto Haas e posto á venda en Londres en 1977. Finalmente foi comprado pola J. Pierpont Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.

Entre os meses de outubro do ano 2017 e marzo do ano 2018, o Pergamiño Vindel estará exposto no Museo do Mar de Vigo.

Día da Ciencia en Galicia 2017

O Día da Ciencia en Galicia celébrase o 8 de outubro. A Real Academia Galega de Ciencias celebra este dia desde 2008, co obxectivo de divulgar a investigación e a ciencia entre a sociedade e especialmente entre a comunidade educativa.

Este ano o homenaxeado é Baltasar Merino Román, un xesuíta e botánico do século XIX que realizou unha das obras pioneiras sobre flora galega. O seu traballo de recolección abarca moitos concellos de Galicia e quedou reflectido nas súas publicacións. Ademais, isto foi compaxinado co seu labor docente no Colexio dá Garda onde impartiu clases de Física e Química, Historia Natural ou Agricultura durante varias décadas.

 

 

Para coñeceres mellor a súa figura e a súa obra podes descargar o vídeo elaborado pola Fundación Barrié.

Fonte: Fundación Barrie

 

Graduación do alumnado de 6º de primaria

Sorry, flash is not available.

Graduación do alumnado de educación infantil

Sorry, flash is not available.

Aloiada

Sorry, flash is not available.

Distribuir contido