Os nenos e as nenas de 4 anos son escritores!!! Non perdades o vídeo co conto que inventaron empregando as personaxes do conto "Alicia no país das marabillas"
Os nenos e as nenas de 4 anos son escritores!!! Non perdades o vídeo co conto que inventaron empregando as personaxes do conto "Alicia no país das marabillas"
Ollade este poema de Gloria Sánchez, un Pitiño Pispín ilustrado e narrado polos nenos e as nenas da aula de 4 anos.
15 E 29 DE FEBREIRO
de17:30h.a 20:30
CEIP de Arzúa
Orientadora do CPI de Ribeira. Torneiros. O Porriño. Pontevedra.
Unha presentación en :http://www.slideshare.net/guest22e6e2/educacin-y-convivencia-elosa-teijeira
TEMA:
Educar en e para a convivencia na aula
Como en cada Samaín a Bruxa Maruxa veunos visitar para contarnos os seus "Contos ás escuras"
Nós tamén a sorprendemos entoando algunha terrorífica canción...preme aquí para ver algunha imaxe.
Aquí vos deixamos un dos contos que nos contou a Bruxa Maruxa, a nós encántanos "Corre, corre cabaciña"
Trasnos, bruxas, esqueletes, cabazas..., e un cento máis de seres terroríficos andan soltos polo cole!!!!!! En infantil xa nos viñeron visitar e pasámolo de meeeeedo!!
Pronto veredes as fotos pero, polo momento, aquí tedes unha canción coa que nos divertimos estes días!
Durante este curso os nenos e as nenas de Educación Infantil imos aprender moreas e moreas de cousas sobre unha das MARABILLAS DO MUNDO:AGran Muralla China. E como somos moi, moi curiosos andamos a investigar sobre as costumes deste lugar.
Chegou aos nosos oídos que na China celebran o outono dun xeito algo diferente a nós,...así que quiexemos festexalo todos xuntos, preme aquí para ver algunha foto
Esta foi a historia que nos contou a simpática china que nos veu visitar:
"O Festival do Outono celébrase na China o décimo quinto día do oitavo mes luar e faise na honra da lúa para pedirlle boas coseitas.
Con este motivo contan a seguinte lenda:
Hou Yi, foi un valente guerreiro e arqueiro que derribou coas súas frechas nove dos dez soles que perxudicaban aos cultivos. A raiña da corte celestial deulle un remedio capaz de facelo inmnortal como recompensa; pero a muller de Hou Yi, chamada Change, que era moi curiosa e desconfiada, bebeu o remedio a espaldas do seu home e, como consecuencia, comezou a sentirse lixeira e a flotar. Ao decatarse do que pasaba quixo revertir o seu acto metendo os dedos na gorxa para botar a pílula. Change comezou a tusir e cuspiu a pílula, a cal, ao tocar o chan transformouse nun Coello de Xade cun pilón e un morteiro. Mais de nada lle serviu todo isto á muller, que continuou a subir e subir ata chegar á lúa onde ficou alí para sempre.
Segundo a lenda, a dama pasou a ser a dona do Alcázar da Lúa, onde vive co seu leal coello de cor de xade que a acompaña mentres machaca mateiais medicinais todos os días, preparando menciñas e mailo elixir da inmortalidade para aqueles mortais que o merazan. Ademais, tamén se ve unha árbore que se chama osmato que mide 1500 metros de alto. Debaixo desta árbore atópase Wu Gang, un leñador que, querendo acadar a inmortalidade, ofendeu aos deuses, polo que estes castigárono a cortar a árbore máxica como castigo.
Nesta noite, a lúa aparece en todo o seu esplendor e a familia enteira reúnese para comtemplala mentras degustan pasteis lunares. Cando pasa algunha nube por diante da lúa durante eses intres, os pais chineses dinlle aos seus fillos que é o coello fedello a correr pola superficie lunar.
O pasado luns contamos cunha visita moi especial. Viñeron ao cole os nenas e as nenas que empezarán o cole o vindeiro curso. Foi unha xornada do máis simpática na que compartimos uns momentos de xogo cos nosos novos compañeiros. Así que, dende aquí queremos darlles a BENVIDA!!!!!
Os máis peques do cole fomos de excursión ata a cidade de A Coruña.
Alí, descubrimos uns animais mariños do máis curioso no Aquarium Finisterrae.
Se queredes sorprendervos tanto coma nós premede aquí para ver algunha foto.
A primavera chegou a infantil!!!
As familias axudáronnos a crear un ambiente do máis florido, graciñas pola vosa colaboración!!!!
Ollade o vídeo e veredes que obras de arte!!
sentímolo, flash non está dispoñible.
As nenas e os nenos de infantil temos un "blog" para compartir con todos vos as artistadas que creamos e cas que aprendemos na hora das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación)
Non deixedes de visitarnos e de deixar os vosos comentarios.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |