Normalización Lingüística
RECURSOS PARA TRABALLAR O 25 N NAS AULAS_CURSO_2024-25
Deixámosvos aquí algúns recursos para traballar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres:
- Material Departamento de Orientación para E.Infantil e 1º ciclo de EP. Preme aquí
- Material Departamento de Orientación para 2º e 3º ciclos de EP. Preme aquí
- Dossier 25 N- 1ª parte. Preme aquí
- Dossier 25 N- 2ª parte. Preme aquí
- Dossier 25 N- 3ª parte. Preme aquí
- Dossier 25 N- 4ª parte. Preme aquí
- Póster superheroína. Preme aquí
- Súper nen@. Preme aquí
- Algúns vídeos de interese:
RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO NAS AULAS_CURSO 2024-25
Déixamosvos algúns recursos para traballar esta temática nas aulas:
- Vocabulario de outono para E. Infantil. Preme aquí https://aulasgalegas.org/2023/10/31/tempo-de-outono/
- Refráns, adiviñas, trabalinguas... do Magosto. Preme aquí
- Unidade didáctica do Magosto. Preme aquí
- Outra unidade didáctica do Magosto. Preme aquí https://www.calameo.com/read/006704766036a7d6eeeda
- Xogos interactivos sobre o Magosto. Preme http://bibliosoutelo.es/magosto/magosto-2023/
MAGOSTO 2024
O Magosto está á volta da esquina e as castañas, eses froitos do outono que tanto nos gustan aos galegos e galegas, xa comezaron a madurar e a estar listas para degustar.
O festa do Magosto, na que asamos castañas e as degustamos coa familia, amigos, amigas, vecinos e veciñas, é unha tradición que segue moi presente en Galicia e é parte da nosa historia, cultura e tradición.
Por iso, para manter viva esa tradición, realizamos este mural colectivo que leva por título “O noso Magosto”. Nel, un trasno porta unhas cestiñas cheas de castañas que decoraron os nenos e nenas de Educación Infantil. E ademais, o mural é decorado cos tradicionais cucuruchos feitos con papeis de xornais dos que saen escritos refráns relacionados con esta conmemoración.
Quedounos así de bonito!
Segundo crenzas antigas, a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos.
Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio.
Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.
O pasado venres, 8 de novembro celebramos o Magosto no noso colexio con castañas asadas, chocolatada e xogos tradicionais!
Unha xornada moi divertida!
XOGOS TRADICIONAIS:
DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS ASADAS E CHOCOLATADA:
DÍA DAS BIBLIOTECAS CON RAQUEL QUEIZÁS
O pasado xoves, 24 de outubro conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas.
Esta iniciativa naceu co fin de concienciarnos da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e nenas, e para agradecer a gran labor dos biblotecarios e bibliotecarias.
Para festexar este día, tivemos a sorte de recibir no noso salón de actos a unha das mellores contadoras de historias, Raquel Queizás.
Tróuxonos o seu espectáculo “A maleta da avoa”. Contounos que desde ben pequena escoitaba os contos da avoa pola mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros e nela vive a memoria.
Dentro da maleta saen trasnos, mouras, nenas espabiladas, bonecas con mazorcas de millo, o Papón… un sinfín de historias marabillosas coas que nos fixo rir e desfrutar un montón!
Todos os nenos e nenas desfrutaron desta sesión de contacontos que se levou a cabo en dous pases: un para Educación Infanti, 1º e 2º de EP, e outro para 3º, 4º, 5º e 6º de EP.
RECURSOS PARA TRABALLAR O SAMAÍN NAS AULAS_Curso 2024_25
Deixámosvos aquí algúns recursos para traballar o Samaín nas aulas:
- Actividades @amaxiadeaprender:
- A miña apócema. Preme aquí
- O meu Samaín. Información e preguntas. Preme aquí
- Onde vive quen. Xogo do Samaín. Preme aquí
- Ánima. Adiviñas con vocabulario do Samaín. Preme aquí
- Taboleiro do Samaín. Xogo. Preme aquí
- Encrucillada do Samaín. Xogo. Preme aquí
- Textos de comprensión lectora sobre o Samaín. Preme aquí
- Vídeo realizado por exalumnas do IES de Arzúa que explica o que é a Santa Compaña.
"Dentro da literatura galega ten importancia a difusión oral das lendas, como parte da nosa cultura e das nosas tradicións. A través deste vídeo, queremos resaltar o papel da muller como transmisora delas e o labor das nosas e dos nosos maiores para que se manteñan vivas".
- Conto máxico de Samaín "A luz misteriosa"
- Atopa o argumento para unha historia. Preme aquí
DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente cada nivel realizou unha flor de papeis reciclados.
A súa folla era a bandeira que representaba as diferentes nacionalidades de alumnado e profesorado do colexio.
Deste xeito, celebramos a diversidade, a natureza, as marabillas do mundo e a importancia de coidar a nosa terra.
CONTACONTOS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE ARZÚA
O espectáculo que leva por nome "De Castro a Villalta", da compañía A Xanela do Maxín, pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura.
Empezamos pois con Rosalía de Castro e seguimos con Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, para rematar, como non podía ser doutro xeito, con Luísa Villalta.
O espectáculo estivo xenial e a posta en escena foi moi orixinal, ao incluír hologramas. Pareceunos unha forma moi didáctica de mostrar a vida e obra das mulleres que foron homenaxeadas o Día das Letras Galegas.
LETRAS GALEGAS_2024
Despois dunha semana, na que se realizaron moitas actividades no noso colexio para conmemorar as Letras Galegas, hoxe colocamos o mural colectivo, no que se reflicte o traballo feito nas distintas titorías do centro.
Este ano, como non podía ser doutro xeito, o noso mural está dedicado a Luísa Villalta. Como na súa vida estivo moi presente a música, decidimos colocar a información relativa a súa biografía sobre uns pentagramas e rodeámolos das portadas dalgúns dos seus libros e despois puxemos uns debuxos que todas e todos relacionamos con esta escritora.
Na planta de arriba, fixemos un mural, no que aparece o debuxo realizado por un dos membros do colectivo "Polo Correo do Vento" e, ao lado, unhas caricaturas de Luísa Villata que preparou o alumnado de 4º, 5º e 6º E.Primaria que asistiu a esta actividade.
As nenas e nenos de 4º E.Primaria fixeron un libro de lapelas sobre Luísa Villalta que recolle un pequeno resumo da súa biografía:
Este é o mural que realizou o alumnado de 2ºB:
RAQUEL QUEIZÁS "A ORIXE"
O pasado mércores, 15 de maio tivemos a sorte de asistir ao espectáculo “A Orixe” de Raquel Queizás.
Levouse a cabo dentro da programación da Semana das Letras Galegas e tivo lugar no salón de actos con dous pases: o primeiro para o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP e o segundo para o alumnado de Educación Infantil.
A ORIXE é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques.
Unha exploradora chega ao colexio co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións ao longo do mundo.
Este espectáculo é unha recolleita de lendas, mitos e contos de tradición oral de diferentes culturas do mundo.
EDUCACIÓN PRIMARIA:
EDUCACIÓN INFANTIL:
“Contade o que sabían os antigos para que non desapareza…”.