O pasado venres, 21 de xuño celebramos o ansiado Festival de Fin de Curso e Acto de despedida ao alumnado de 6º EP.
Foi unha xornada de moitos nervios,alegría e sobre todo emoción...
Pasámolo xenial!
O pasado venres, 21 de xuño celebramos o ansiado Festival de Fin de Curso e Acto de despedida ao alumnado de 6º EP.
Foi unha xornada de moitos nervios,alegría e sobre todo emoción...
Pasámolo xenial!
Este curso 2023-2024 está chegando ao seu fin.
Un ano máis, a ANPA XERMOLOS convidounos a pasar unha xornada con inchables e moita diversión!
Durante toda a mañá, por turnos, todos os nenos e nenas do colexio desfrutaron desta actividade e pasárono xenial!
Prezadas familias:
Este curso 2023 - 2024 está a piques de rematar.
Querémosvos convidar ao noso FESTIVAL DE FIN DE CURSO e ACTO DE DESPEDIDA AO ALUMNANDO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA que terá lugar o venres, 21 de xuño ás 12:00 horas.
Agardámosvos!
O alumnado de Educación Pimaria tivo a sorte de recibir no salón de actos ao dianteiro centro do SD Compostela, Manu.
Tiveron a oportunidade de coñecer máis cousas sobre o deporte profesional da man deste xogador ademáis de falar dos beneficios que ten o deporte.
Entre outras, fixéronlle as seguintes cuestións: desde cando xoga profesionalmente, cantos anos leva neste club, cal recorda que foi o seu mellor e peor partido desde que xoga profesionalmente...
Para rematar, a cada neno e nena entregáronlles unhas entradas para o vindeiro partido do SD Compostela máis unha pulsera como agasallo.
Moitas grazas a Manu e Miguel!
Esta mañá, 20 de decembro, fixemos unha saída co alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria para visitar a Residencia San José de Arzúa. As nenas e nenos do noso colexio, prepararon unhas panxoliñas con moito agarimo, para cantárllelas aos anciáns desta Residencia.
Cando atravesamos a porta do centro, cada neno e cada nena foise sentando no chan, esperando a súa quenda para cantar. Ao sinal da profe Cristina foron intervindo e deleitando aos que estaban presentes coas súas cancións e coreografías.
Estas fotos corresponden a distintos momentos da actuación.
Unha vez rematada a actuación, un grupo de residentes interpretou un par de panxoliñas e o noso alumnado transformouse, durante un intre, en espectador.
Foi marabilloso presenciar este encontro de dúas xeracións que compartiron emocións e sentimentos arredor destas festas tan entrañables e familiares.
Para finalizar este acto, fíxoselle entrega a cada residente dunha postal elaborada polo alumnado do noso colexio e eles e elas entregáronnos unha manualidade.Tamén ao despedirnos, repartiron uns caramelos e piruletas que fixeron as ledicias de todos e todas.
Moitas grazas a Residencia San José por acollernos tan ben e permitirnos compartir un anaco do voso tempo! E, como non, moitas grazas tamén á nosa compañeira Cristina por preparar estas panxoliñas cos nenos e coas nenas de 4º, 5º e 6º!!
De volta no noso colexio, repetimos a actuación para que puidera vela o alumnado de E.Infantil, 1º, 2º e 3º de E.Primaria. Estas fotos foron sacadas no salón de actos do noso centro.
O pasado martes, 21 de novembro o alumnado de 3° A e 3° B visitou o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía situado na cidade da Coruña.
O MUNCYT é un museo que conta cun programa de actividades deseñadas para achegar aos escolares algúns aspectos das diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas a través da colección do museo.
Ao chegar, realizamos un taller de electricidade onde construimos circuitos eléctricos.
Logo, realizamos unha visita guiada polo museo onde puidemos ver expostos diversos obxectos e instrumentos que nos permitiron descubrir e comprender o progreso científico e tecnolóxico ao longo destes anos.
O pasado venres, 10 de novembro o Concello de Arzúa invitou ao alumnado de 6º de EP á estrea do documental titulado "Elías Valiña. O inventor das frechas amarelas".
E alí estivemos encantados e encantadas de compartir a experiencia con outros centros.
Despois de ver o documental participamos nun concurso de preguntas sobre el e gañamos un paquete de postais con fotografías auténticas do propio Elías Valiño.
A Asociación Cultural e Musical O`Bringuelo de Arzúa ofreceu un obradoiro de baile e música tradicional para alumnado de Educación Primaria coa finalidade de difundir as propostas que desde a súa escola ofrecen para este curso 2023/2024.
Pasámolo moi ben bailando, cantando e tocando instrumentos tradicionais
Na xornada do martes, 20 de xuño, vésperas de fin de curso, poidemos desfrutar dun día de moita festa con xogos e inchables grazas á ANPA XERMOLOS.
Que mellor maneira de despedir curso que esta! Pasámolo en grande!
O alumnado de 3º A, 3º B e 4º de Educación Primaria visitou o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) na cidade da Coruña.
Este museo conta cun programa de actividades deseñadas para achegar aos escolares algúns aspectos das diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas a través da colección do museo.
Realizamos unha visita guiada polas diferentes salas do museo, onde puidemos ver expostos diversos obxectos e instrumentos que nos permitiron descubrir e comprender o progreso científico e tecnolóxico ao longo destes anos.
Ademais, tivemos a sorte de poder ver a parte dianteira e tren de aterrizaxe do Boeing 747 que trouxo a España “El Guernica” de Picasso.
Logo, realizamos un taller de electricidade onde fomos capaces de construir o noso propio circuito eléctrico para conseguir acender unha bombilla.
Xantamos no comedor das propias instalación do museo, e tivemos un tempo de ocio con vistas á Praia do Orzán e a Torre de Hércules.
Unha xornada moi divertida!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |