Celebramos o Día das Letras Galegas cun concerto no que combinamos música clásica, cancións, danzas infantís e regueifas populares.
Unha mestura heteroxénea con música da nosa cultura!!!!
Celebramos o Día das Letras Galegas cun concerto no que combinamos música clásica, cancións, danzas infantís e regueifas populares.
Unha mestura heteroxénea con música da nosa cultura!!!!
O día 27 de abril tivo lugar no colexio a conmemoración do Día do Libro (23 de abril).
Como vén sendo habitual fixémolo coa actividade "Comparticontos", na que os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de E.P representaron ao resto de compañeiros/as contos elixidos por eles mesmos.
Foi unha actividade chea de diversión na que todos nos achegamos ao pracer da lectura e dos libros a traves da expresión oral, da espontaneidade e da dramatización.
Aqui tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!
O panel da entrada foi realizado polo alumnado de 5º B. A frase escollida para esta ocasión pertence ao ilustre escritor español, Miguel de Cervantes.
Neste mes, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora (8 de Marzo), no noso centro leváronse a cabo diversas actividades relacionadas coa IGUALDADE DE XÉNERO.
Elaborouse desde o Equipo de Biblioteca un panel no que se representa informacion sobre diversas mulleres que foron o referente para outras moitas mulleres no mundo. Para dito panel, e relacionando a conmemoración coa tematica central deste curso, escolleuse unha frase de Virginia Woolf:
"Non hai barreira, fechadura nin ferrollo que poidas impoñer á liberdade da miña mente"
Tamén na propia Biblioteca do centro creouse o Rincón da Igualdade, onde os alumnos e alumnas podían ler e consultar información sobre todas estas mulleres que marcaron a historia.
O alumnado de 3º de E.P, na clase de Plástica, plasmou o traballo realizado arredor deste tema nuns carteis.
E o alumnado de 6º de E.P, coa axuda do seu titor Javier, elaborou este conto, onde se representa unha historia familiar sobre a igualdade de xénero, a diversidade de familias e o acoso escolar.
O día 20 de febreiro o alumnado de terceiro e cuarto de EP fomos de excursión á cidade da Coruña, onde realizamos diversas visitas.
Primeiro fomos á Casa das Ciencias, onde experimentamos coa forza, a inercia dos péndulos, os efectos visuais...
Nesta mesmo lugar asistimos a unha sesión no Planetario para ver galaxias, planetas, estrelas e constelacións, satélites e moitas cousas máis.
Se queres ver máis fotos preme na imaxe
Por último, visitamos a Casa do Home, onde aprendemos un montón de cousas sobre o ser humano e a súa vida.
Foi un día xenial!!!
Xa chegou o Entroido!!!!!
O panel da entrada foi feito polos nenos e nenas de 5º A, con refráns e coplas do Entroido.
O tema, como sempre, foi marcado polos equipos de Biblioteca e Normalización, que cun traballo moi coordinado con Actividades extarescolares e toda a Comunidade Educativa deste centro conseguiu tan bos resultados.
FRASES DO NOSO ENTROIDO
Cada grupo elixiu unha frase, que colocou nunha cartolina decorada polos nosos nenos e nenas, e elaborouse un disfrace relacionado con esta temática. Quedou fantástico!!!!
Con motivo da conmemoración da data de nacemento da nosa escritora, Rosalía de Castro; no noso centro fixéronse moitas actividades na semana do 20 e o 24 de febreiro:
PREME NA IMAXE SE QUERES ESCOITAR QUE BEN FALARON
Foi unha semana moi rosaliana!!
O DIA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
O ACTO CELEBROUSE NO SALÓN DE ACTOS, ONDE REALIZÁRONSE DIVERSAS ACTIVIDADES.
O PANEL DA BIBLIOTECA ESCOLAR, ELABORADO POLOS NENOS E NENAS DE 4ºB, REPRESENTA A FRASE DE MATHAMA GANDHI:
"SE QUERES CAMBIAR O MUNDO, CÁMBIATE A TI MESMO"
ADEMAIS ADORMANOS MOITOS RINCÓNS DO COLE CON DIFERENTES PANEIS SOBRE A PAZ:
AQUÍ TEDES UN RESUMO DE TODO O QUE REALIZAMOS PARA CONMEMORAR ESTA DATA:
Despois dun intenso traballo tivemos o Festival de nadal o 21, nervios, emocións, despedida, ....en fin un cúmulo de vivencias e experiencias que nos axudan a medrar como persoas sen ter en conta a idade que teñamos...
Grazas a todos e a todas por aportar o seu gran de area para que todo isto sexa posible, e en especial ao noso especialista David Brenlla.
Chegou o Nadal ao noso colexio e quixemos decorar distintos recunchos. Aquí vos deixamos unha mostra!
A nosa árbore de Nadal recolle todas as estreliñas que pintaron e recortaron os nenos e nenas de todo o colexio.
As lecturas de Nadal da nosa Biblioteca:
O panel da entrada elaborouno esta vez o alumnado de 4º de E.P. Baixo o título: "Por Nadal un quilo de..." quixeron poñer o que nós podemos ofrecer aos demais nestas datas.
HOXE, CONMEMORAMOS ESTE DÍA CUNHA ACTIVIDADE CONXUNTA REALIZADA POR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
NÓS TAMÉN LOITAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |