Complementarias, Magosto, Nadal, A Paz, Antroido, Letras Galegas, Festival, Outras, plan valora

En tempo de castañas

Estamos no mes de outubro e xa é tempo de castañas. A proba témola no cole, pois estes días estanos a visitar unha castañeira con moita arte chamada Froilana (din que veu dende terras lucenses!!)

O vindeiro venres dia 30 celebrarémolo magosto, así que Froilana está a agardar as vosas castañas para poder comelas asadiñas e quentiñas. Tampouco vos esquezades de traer cabazas, xa que se achega o Samaín ou Halloween e pode que acontezan cousas terrorificamente máxicas!!

 

Contos para falar

O pasado xoves día 8 os nenos e nenas de 4 e 5 anos e o primeiro ciclo de primaria fomos á Casa da Cultura de Arzúa  para desfrutar dunha sesión de contacontos da man do Equipo Rodeira, na que ademáis de escoitar, tamén cantamos e bailamos.

Ao rematar agasalláronnos cun conto e un CD para recordar as cancións que nos ensinaron!!!

Para ver algunha imaxe do ben co pasamos preme aquí

 

Imos á opera

No mes de novembro o alumnado de primaria irá ao Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) a ver unha versión do conto A Cincenta feita ópera polo grande compositor Rossini.

Asistir a unha representación de ópera en directo é a mellor maneira de entender e disfrutar desta forma de arte total. Ese día contaxiarémonos dos sentimentos e das emocións das persoaxes a través da música,...estamos desexando ir xa!!

Mirade na táboa os días que irá cada curso:

1º e 2º curso de primaria  10 novembro
 3º e 4º curso de primaria  9 novembro
 5º e 6º curso de primaria  11 novembro

Deixámosvos un pouco de ópera para que vaiades entrenando o oído (está en italiano pero nós verémola en castelán)

 

 

AVES DE RAPINA NO CEIP DE ARZÚA

Pechando o programa das Letras Galegas no CEIP. de Arzúa vimos as aves de rapina tan preto de nós que voaron dende os nosos puños. Unha experiencia para non esquecer e para reter na nosa retina algún tempo.

Podemos ver unha escolma das fotografías na nosa páxina de fotos. E tamén moi pronto poderemos ollar un pequeno video sobre a xornada na que apreciaremos o voo das aves. 

Contacontos plan valora

Como xa saben os nenos e nenas do 1º ciclo pertencen ao Plan Valora. Tiveron unha actividade que eu, persoalmente creo que lles gustou moito, un contacontos chamado Fran veu a darlles unhas pequenas noción sobre o monte e o seu aproveitamento, así como tamén a aprender a non destruilo, sen el non podemos vivir.

Se queren disfrutar  vendo  como eles e elas puxeron o máximo interese pinchen aquí

100_3571.JPG

SAÍDA DE 5ºA E 5ºB AO ABELLEIRO E CENTRAL ELÉCTRICA EN DOMBODÁN

As rapazas e rapaces de 5º nivel poidemos disfrutar  dunha saída educativa, e tamén de actividades de lecer ao longo de todo o día en Dombodán, visitando a "Central Eléctrica e o Museo Vivente do Mel". Visitamos tamén a área recreativa do embalse, a capaela de o muiño da Fontesanta. Podedes ollar as fotografías de toda a xornadadende aquí. 

Os do 1º Ciclo fomos de excursión ao Enredo do Abelleiro, sí, sí facer de apicultores

Os nenos e nenas do 1º ciclo fomos de excursión ao Enredo do Abelleiro, en Dombodán, a traballar, que digo ,aprender un pouco da profesión de apicultores, para entender mellor a apicultura como aproveitamento do monte: as abelliñas pasan mil e un traballos para que nos poidamos tomar ese preciado tesouro, o mel.

Se queredes saber algo non tedes máis que preguntarnos aos nenos e nenas que para iso puxemos moito interese!

Para velo reportaxe fotográfico non tes máis que pinchar aquí

431.JPG

A rota de sendeirismo polo contorno do 1º Ciclo

O pasado trimestre o 1º Ciclo fixo sendeirismo polo contorno dentro do Plan valora e traballamos distintos aspectos.

  • Ordenación do monte
  • Limpeza do monte
  • Prevención de incendios
  • Aproveitamento do monte: Micoloxía

Se desexades ver as fotos que fixemos pincha aquí

Actividades anuais do Plan Valora

Actividades
1º trimestre
2ºtrimestre 3º trimestre
Micoloxía Apicultura Prevención de incendios
Sendeirismo Visita ó Museo da Mel Plantacións e visita ...

 

Powered by Drupal - Design by artinet