Actividades

COMO UNHA NENA_VÍDEO COLABORATIVO EN 3º NIVEL

 

Partindo do #COMOUNHANENA queremos elaborar un vídeo para esta data, co motivo do Día Internacional en contra da violencia de xénero, un planning de traballo como tarefa familiar:

 

 

Investigamos diferentes  expresións sexistas e logramos  percatarnos de que o sexismo está e forma parte das nosas vidas en pleno século XXI. Temos un único obxectivo na nosa clase, erradicalo de maneira definitiva.

Despois de horas  e horas de traballo do equipo do 3º nivel, eu só me adiquei a darlle a forma de película que logo utilizaremos para facer un debate, a ver que sae de aqui!!!!

Pero que saibades que cando empezamos a darlle forma a esta idea, os nenos e nenas  de 3º non dubidaron , en ningún momento, de que somos iguais, que non hai diferenza entre sexos e que temos que estar xuntos e xuntas para erradicar dunha maneira definitiva o machismo.

TODOS E TODAS NA MESMA DIRECCIÓN!!!

 

Grazas ata o infinito EQUIPO!

UNHA CESTA MOI ESPECIAL PARA A FROITA

Resultado dun traballo colaborativo e en grupo das clases extraescolares con María saeu esta fermosa e particular cesta..ten un anaquiño de todos os nenos e nenas que asisten a este taller os mércores e os venres.
Unha vez máis toda a Comunidade Educativa participa nos programas do Plan Proxecta...
 
GRACIAS 
 

 

 

 

 

 

CHARLA

O luns 22, celebrouse no CEIP de Arzúa unha charla informativa para acercar ás familias ao trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A pediatra do Centro de Saúde, Mª del Rosario Monner Romero explicou as causas e sintomatoloxías das diferentes presentacións clínicas do TDAH. O orientador do IES de Arzúa, Xoán Alvarez Castro, en conxunto con membros do Departamento de Orientación do CEIP, Mª Agripina Cabo Devesa, Cruz Leiva Balboa e Thais Amenedo Rodeiro abarcaron aspectos das psicoterapias cognitivas-conductuais e resaltaron a importancia da parentalidade positiva e o emprego dalgunhas técnicas tanto no ambiente familiar como escolar.

Agradécese a asistencia e participación dos pais.

 

CONTACONTOS EN INGLÉS

Dende a Biblioteca e en colaboración cunha nai, Vicky,  púxose en marcha unha actividade THE ENGLISH BOOK CLUB , todos os martes a mediodía dos meses de outubro a decembro, CONTACONTOS EN INGLÉS para os máis pequenos do cole a cargo do alumnado de 3º, 4º e 5º.
Levounos un tempo preparalo pero o día 18 chegou a posta en práctica, foi xenial!!!! 
 
 
E senón mirade o vídeo 



 

NÓS PARTICIPAMOS!!!!!
 
Podes premer aquí para ver máis ou aquí e aquí para escoitar os contos que nos contaron
 
Thank you very much!!!!

REPRODUCIMOS PLANTAS

Hoxe dia 21 de marzo empezamos outro dos catro proxectos propostos por Ignacio, un papá moi colaborador, a reprodución de plantas. Fixemos un horario ao longo do día, onde pasamos todos e todas para aprender como reproducir plantas para logo podelas plantar no noso horto ou xardín.

 




3 ANOS A  e  B



 




4 e 5 ANOS




1º A e B 
 



 

2º A e B
 

CLASIFICAMOS A FLORA DO CENTRO

Despois de dar un longo paseo polo colexio, decidimos empezar outro novo proxecto para clasificar as plantas que nos arrodean, facendo dúas fases , unha de investigación a outra de procura ou busca.



Fase de investigación:



 

Máis novas dos inventores coadores!!!!!

Entra no blog de aula do terceiro ciclo e navega para atopar novas sobre os inventores con coador

 

http://terceirociclo-arzua.blogspot.com.es/

exposición.jpg

Obradoiro Xogos do Mundo

O pasado día 19 de Xuño a ANPA o Formento agasallounos cun obradoiro de Xogos do Mundo.

Pasámolo xenial descubrindo, construíndo, compartindo, xogando,...

Non podemos máis que agradecer á ANPA do cole que nos ofrecese esta actividade!!!

Ollade algunha foto aquí

Obradoiro Xogos do Mundo

DOCUMENTOS PARA:

A resolución de conflictos.

// ]]>

Powered by Drupal - Design by artinet