O luns 22, celebrouse no CEIP de Arzúa unha charla informativa para acercar ás familias ao trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A pediatra do Centro de Saúde, Mª del Rosario Monner Romero explicou as causas e sintomatoloxías das diferentes presentacións clínicas do TDAH. O orientador do IES de Arzúa, Xoán Alvarez Castro, en conxunto con membros do Departamento de Orientación do CEIP, Mª Agripina Cabo Devesa, Cruz Leiva Balboa e Thais Amenedo Rodeiro abarcaron aspectos das psicoterapias cognitivas-conductuais e resaltaron a importancia da parentalidade positiva e o emprego dalgunhas técnicas tanto no ambiente familiar como escolar.
Agradécese a asistencia e participación dos pais.