Estimadas familias , tras a reunión informativa levada a cabo o luns 16 de Xaneiro as 17.15 na aula de informàtica do centro , aquí vos deixamos un breve resumo para todas aquelas que non puidéstedes asistir.
Un saúdo!
Estimadas familias , tras a reunión informativa levada a cabo o luns 16 de Xaneiro as 17.15 na aula de informàtica do centro , aquí vos deixamos un breve resumo para todas aquelas que non puidéstedes asistir.
Un saúdo!
Chegamos a final de curso
Un curso que sen dúbida foi moi estraño para todos e todas, consecuencia de todo o que nos tocou vivir e sentir pola “visita” deste “bichiño” chamado COVID.
Un final de curso no que non hai despedidas, festival, risas, bágoas.....
Por todo isto, compartimos unha última actividade ou reflexión, que supón un ata logo.
Unha nova cápsula do tempo
A proposta é a seguinte:
1. Cubride o documento e gardao nunha caixa.
2. O alumnado de 5º e 6º gardará esta ata que remate a súa etapa no IES.
3. O alumnado do resto dos cursos propoño que a garde ata o final de 6º de educación primaria.
Será nese momento cando a abra e vexa se a súa visión do futuro se corresponde coa actualidade ou como cambiou esta.
DESCARGA A TÚA CÁPSULA CLICANDO NA IMAXE
Deséxovos un feliz verán a todos e todas. Un bo comezo de instituto ao alumnado que este ano rematou 6º de primaria. O resto vémonos en setembro.
Unha aperta
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Hoxe compartimos un material para o noso alumnado que o próximo curso comezará a etapa de primaria
Agardamos que sexa de utilidade
PARA ACCEDER FAI CLIC NAS IMAXES
Estimadas familias
Hoxe compartimos con vós unhas pautas sobre o desenvolvemento da linguaxe nos máis pequenos.
Agardo que vos sexan de utilidade
PARA ACCEDER FAI CLIC NA IMAXE
Rematamos a semana compartindo con vós un novo material relacionado co mundo das emocións...
Para acceder ao recurso facede clic na imaxe
Hoxe compartimos con vós un material destinado para o alumnado máis pequeno e as súas familias, que o vindeiro curso se incorporarán ao CEIP de Arzúa
BENVIDOS E BENVIDAS A TODOS E TODAS
PARA ACCEDER AO RECURSO CLICA NA IMAXE
Hoxe volvemos compartir unhas orientacións para o alumnado de 6º de Educación primaria que o curso que ven iranse para o IES, comezando así unha nova etapa educativa.
Para acceder ao material fai CLIC na imaxe
Hoxe comparto con vós unha fantástico conto sobre o coronavirus, diferente e divertido á vez...e o mellor de todo que é para todas as idades.
Neste conto a autora acompaña a narración con papiroflexia...
Sabedes o que é a papiroflexia?
A papiroflexia (tamén chamada origami) é unha técnica artística que consiste en dobrar un papel de distintas formas ata darlle a forma dun ser ou dun obxecto.
Dita técnica ademais de ser bonita e moi entretida, ten moitos beneficios para nós e para todas as idades:
A continuación tedes este fermoso conto, anímovos a velo e propóñovos un reto para os máis e as máis atrevidos e atrevidas....
Seriades capaces de facer o conto acompañado da papiroflexia? Os máis pequenos podedes facelo con axuda, é moi divertido facer actividades en familia.
Se vos animades non dubidedes en compartilo con nós, enviando o resultado ao correo do centro:
ceip.arzua@edu.xunta.es
Para ver o conto, fai clic na imaxe.
Ola a todos e todas
Que tal estades? Como xa sabedes estamos na recta final deste curso, que estou segura que todos e todas lembraremos... foi un curso “diferente”.
Nestas últimas semanas de curso propóñovos coñecer un chisco máis as nosas emocións e traballar unha serie de valores. Xa sabedes o fundamental que son o conxunto destas na nosa formación como persoas.
De seguro que como consecuencia desta situación que estamos a vivir e que nos acompañará unha temporadiña, as nosas emocións están nunha constante montaña rusa ao longo do día... é incrible como podemos pasar do sorriso ao llanto en segundos...
Non vos preocupedes todo isto é normal, consecuencia da propia situación que nos está tocando vivir. Ser capaces de recoñecelase aprender a regulalas e xestionalas, axudaranos a convivir mellor con elas.
Así que COMEZAMOS.....
ACCEDE AO RECURSO CLICANDO NA IMAXE
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |