Orientación, lexislación, Audición e linguaxe, Pedagoxía Terapéutica., Departamento, Novas, Recursos

AFRONTAMENTO PSICOLÓXICO DO CONFINAMENTO:

Atendendo as recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, deseñamos estas recomendacións para a comunidade educativa.

 

No arquivo adxunto podedes descargalas.

 

Fonte orixinal: https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/xerais/comunicado_centros_educativos.pdf

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Desde o Departamento de Orientación ponse á disposición un novo correo de atención, para aquelas familias que poidan precisalo; a parte do correo e teléfono do centro:

 

 

orientacion.ceiparzua@gmail.com

 

Material para o alumnado de 1º

Envío o seguinte material para traballar os fonemas l, s, z, r forte e r suave. O material consiste nuns taboleiros de conciencia fonolóxica nos que o neno/a debe sinalar que imaxes levan o fonema a traballar. Ademáis de sinalar a imaxe tamén deben articular a palabra correctamente.

Material para o alumnado de 5 anos A-B

Envío este material de conciencia fonolóxica do r suave, r forte e -s-, no que o neno/a debe marcar que imaxes levan o fonema a traballar. Ademáis de sinalar dita imaxe deben articular a palabra correctamente.

 

 

Material para o alumnado de 4 anos B

Envío esta ficha para continuar co traballo da lectura global que empezaramos no 2º trimestre. Nesta ficha o alumno/a debe unir cada nome co seu número correspondente, sería tamén importante que copiara o nome do número debaixo de cada un.

Material para o alumnado de 4 anos A

Envío este material de conciencia fonolóxica para traballar o fonema r forte. Consiste en que o neno/a debe sinalar aquelas imaxes que leven r forte e o mesmo tempo debe articulalas correctamente.

 

Comezamos un novo trimestre

Queridas familias:

Desde Audición e Linguaxe, en primeiro lugar desexar que vos encontredes todos e todas ben.

Estamos ante unha situación excepcional que nos ten a todos e todas desubicados, pero temos que intentar, e coa vosa axuda ímolo conseguir, que os nosos nenos e nenas continuen co seu proceso de ensino- aprendizaxe da mellor maneira posible. Para iso irei compartindo na páxina web do centro diverso material que vos poida ser de axuda para continuar traballando na casa. Cada material que vaia publicando, especificarei como se utiliza e para que alumno/a ou alumnos/as vai dirixido. Lémbrovos que a maioría das sesións de Audición e Linguaxe están enfocadas ó xogo, polo que moito deste material que vos vou enviar serán xogos. Ditos xogos axudaranvos a continuar coa labor que eu empecei e ó mesmo tempo o neno estará aprendendo de maneira lúdica.

Xa sabedes que podedes contar conmigo para calquera dúbida que vos xurda, polo que poderedes escribirme no seguinte correo electrónico: veronicalopezvazquez257@gmail.com

Un abrazo moi forte para todos e todas e seguro que nos vemos axiña.

Aprendemos na casa

Lembramos que a volta das vacacións de Semana Santa continúa a programación de contidos educativos:

 

 

 

 

 

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIA

 

Ola familias

A situación na que levamos inmersos desde fai unhas semanas, é unha situación delicada e nova para todos e todas.

Co fin de axudarvos,  a continuación compártese unha serie de recomendacións que poden ser de gran utilidade á hora de xestionar o tempo e organizar os días:

 

  

 

 

Tedes como arquivo adxunto do documento en pdf e o horario en branco.

 

 

MOITO ÁNIMO

Resistiremos  

 

#Nós QuedamosNaCasa#

 

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO, 2 de abril

Na diversidade está a riqueza dunha sociedade onde o respeto é esencial para convivir. O ideal para eles e elas sería poder saír á rúa nesta situación de emerxencia sen ter que ir etiquetados cun lazo azul.

 



Cada un somos unha pena dun crebacabezas onde na sociedade todos/as encaixamos!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet