Orientación, lexislación, Audición e linguaxe, Pedagoxía Terapéutica., Departamento, Novas, Recursos

2 de Abril: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 

A continuación tes os enlaces aos vídeos que poden axudarche a facer o teu molinillo:

Enlace 1: https://www.youtube.com/watch?v=tHzBjhxQhwg

 

Enlace 2: https://www.youtube.com/watch?v=88r4B9V8nXk&feature=youtu.be

 

ÁNIMO E LEMBRA NÓS QUEDAMOS NA CASA

 

 

SEMANA DA IGUALDADE

 
Esta semana será moi difícil de esquecer, numerosas actividades cos nenos nenas do IES, unha charla na biblioteca con Eli Ríos, charlas e debates sobre a igualdade, tema que nos apasiona e interesa para erradicar a violencia de xénero,roles de xénero, estereotipos...
Por iso lle chamamos SEMANA DA IGUALDADE.

 

 
Para pechala fomos de  celebración  ao auditorio  da casa da cultura, un acto cheo de traballos xeniais de nenos e nenas de todos os niveis.
 
 
 


                                                                                  PROGRAMA:
 
  • Vídeo
  • Vídeo elaborado polos nenos e nenas.
  • Representación de diferentes contos sobre esta temática.
  • Cancion Ai de mín! 




Rosa Cajade de Slidely Gallery

 
 
 
 


 

O SACAPENAS

Os Sacapenas son uns pequenos bonequiños feitos de madeira e fío orixinarios de Guatemala, que escoitan as túas preocupacións para poder durmir sen elas.

O neno do conto, Bieito, non consegue durmir de tantas e tantas preocupacións que ten, polo que a súa avoa lle regala un "sacapenas" para que poida conciliar o sono. 

 

Os nenos/as de EI, na sesión do P.E.L.O tamén elaboramos o noso propio "sacapenas" para que todas as nosas precupacións marchen á hora de durmir. 

 

 

 

TRABALLANDO EN IGUALDADE

Elmer non é como os outros elefantes da súa manda. Aínda que pareza difícil de crer, é un elefante de mil cores: verde, azul, branco, rosa, amarelo... Impresionante!, verdade?

Pero a Elmer non lle fai nin chisco de graza ser así, máis ben estaba farto de ser distinto, así que un día decide escaparse da manda e buscar un remedio para poder ter o mesmo cor de pel que os demais...

Elmer era distinto pero non so no seu aspecto, era o elefante que facía felices aos demáis elefantes, xa que sempre que xogaban con el, alguén ría porque Elmer fixera algo moi divertido. Elmer aprendeu que era querido pola súa personalidade non polo seu aspecto.

Con este conto o alumnado de EI aprendeu que todos somos diferentes e que entre todos podemos pasar momentos moi divertidos xogando e aprendendo dos demáis.

                   

Ademáis aproveitamos para facer os nosos propios elefantes personificados para traballar o soplo.

O BONECO DE NEVE

É posible cun boneco de neve poida namorarse dunha estufa?

Pois.... por suposto que SÍ. Falando de AMOR non hai nada IMPOSIBLE.

Dentro do P.E.L.O, o alumnado de E.I coñeceu a un BONECO DE NEVE moi especial, que non sabía o que era o AMOR. E cando menos o esperaba, este bonequiño namorouse a primeira vista da estufa do salón, cada vez ca veía sentía un escalofrío.

Con esta historia todos aprendimos moitisimas cousas sobre o inverno... e claro, como non, xogando co boneco de neve pasámolo xenial!! 

A BALEA MALENA

Dentro do P.E.L.O, o alumnado de E.I coñeceu a BALEA MALENA, unha balea moi boa e simpática, a cal encántalle xogar e ir á feira coa súa avoa. 

Como podedes ver nas fotos, a nós tamén gústanos moito xogar con ela.

P.E.L.O (E.I 4 anos). Actividade de soplo (traballamos control e forza)

ÁLVARO ILLOBRE, un campión olímpico

Hoxe tivemos a gran sorte de ter no cole a Álvaro Illobre, un deportista galego de élite que participou nas Paraolimpiadas de Sidney e de Pequín na destreza olímpica de tenis. Fixo dúas charlas, unha para os nenos e nenas de Educación Infantil e outra para os de Educación Primaria

 


 

 

 

 
Isto sí que é ánimo de superación!!!! 
 
Gracias Álvaro por compartir connosco a túa experiencia !!!!!

Unha historia de esforzo e superación

O noso compañeiro Víctor de 6ºA, elaborou, coa axuda da mestra de Audición e Linguaxe, unha historia moi especial. 
Un dos seus ídolos, Leo Messi, representa unha historia onde o esforzo e a superación son dous dos valores que marcaron a súa carreira deportiva. 

Se queredes coñecer a súa historia, segue lendo...

Os valores nos xogos paraolímpicos

Dende o Departamento de Orientación (Xefa do D.O, mestra de P.T e mestra de A.L), seguindo o tema central deste curso, elaborouse un panel onde se representan os 5 valores máis importantes dos Xogos  Paraolimpímpicos.

O esforzo e a superacióno control do corpo e da mentea cooperacióno xogo limpo e o respeto, son valores moi importantes para a nosa vida diaria e para o deporte.
 
Os nos@s alumn@s aprenderon investigando moito sobre cada un destes valores. 
 
Este é o resultado dun bó traballo!



Xogos para aprender froitas

Que vos paracen os novos xogos para aprender froitas?

Na aula de A.L. coloreamos, recortamos, pegamos e traballamos moito para crear este 3 en raia, este dominó e estos puzzles de froitas.

Gústanvos?

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet