O venres, 15 de maio, celébrase o Día Internacional da Familia. Sabedes por que? Pois este día naceu para recordar que a familia é o máis importante. Ela é a que nos acompaña no noso crecemento como persoa.
No conto que vai adxunto, adicado á familia, veremos como hoxe en día hai moitos tipos de familias, todas moi diferentes pero moi válidas. E a mellor, a nosa por suposto.
Espero que disfrutedes con este traballo que fixemos un grupo de mestras de pt en Aulas Galegas. Se vos presta, podedes indagar en ela que hai moitas tarefas moi divertidas.
RECORDADE: DISFRUTADE E COIDADE A VOSA FAMILIA QUE É A MELLOR.
Vémonos moi pronto
Saúdos da profe Ana de PT