Porque esteas onde esteas, en galego tes moito que dicir. E cando o falas coa familia, cos amigos/as ou no teu día a día non só compartes a túa cultura: tamén fas que medre unha línguaque di moito de nós.
Aportamos o noso gran de area á Campaña da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para animar a usar o galego en todos os ámbitos e contextos da vida, con este título:
A campaña, que forma parte dun plan máis amplo con medio cento de medidas para dinamizar e potenciar o galego en 2025, procura pór en valor o privilexio que supón contar cun idioma propio, un tesouro do que debemos sentirnos orgullosos e que debemos defender e preservar falándoo. Así pois, dende a cordialidade, convídanos a construír pontes por medio da lingua e mais a alimentar o arraigamento, o orgullo e o sentimento de pertenza a través dela.
Saca a lingua que levas dentro quere fomentar o uso do galego en todos os ámbitos -públicos e privados- e en todas as idades, aínda que fai fincapé na xente máis nova.