Unha festa que nos gusta celebrar moito no colexio é o MAGOSTO, unha festa de valor tradicional que consiste en pór como protagonista aos xogos populares e a castaña.
Na sesión antes do recreo tivemos a merenda do magosto. chocolate e as castañas, cada clase na súa aula. E para iso decoramos un mural alusivo a esta celebración:
Celebrámolo o día 8 de novembro, xa que o tempo nolo permiteu. O noso nivel saeu na cuarta sesión despois do recreo ao patio para rotar nunha serie de xogos preparados para nós: a corda, as chapas, os bolos, a mariola, lanzamento de castaña ou rá e os aros.
Pasámolo xenial!