O 20 de novembro, no DÍA DA INFANCIA numerosas escolas e monumentos iluminaranse ou pintarán de azul en todo o mundo para mostrar apoio aos dereitos da infancia. Participaron na campaña monumentos soados de todo o mundo, como a Torre Eiffel en Francia, Chichén Itzá en México, e centos de edificios históricos na India.
Os dereitos da infancia son dereitos humanos. Son innegociables, pero, hoxe en día, son demasiados os lugares onde os dereitos dos nenos e nenas non se entenden ou se ignoran, ou onde mesmo están a ser negados e atacados. Os dirixentes mundiais deben cumprir as obrigacións que lles impón a Convención sobre os Dereitos do Niño e aplicar, protexer e respectar os dereitos de todos os nenos e nenas en todo o mundo.
Investir hoxe na infancia garante un futuro mellor para eles e para todos nós.
O martes día 19 o alumnado de 3º curso de Educación Primaria participará no espectáculo As palabras perdidas de Inventi Teatro cunha proposta dinamizadora do uso da lingua galega entre a infancia e que promove o coñecemento da lingua e de palabras que van perdendo uso e falantes.