O día 9 de outubro en 3ºB fixemos un traballo relacionado con este medio de comunicación individual que xa deixou de usarse pero aínda así QUEN NON SE PON CONTENTO OU CONTENTA SE RECIBE UNHA CARTA DUN AMIGO, AMIGA OU SER QUERIDO???
3º e 4º nivel de Primaria
DÍA MUNDIAL DO CORREO en 3ºB
DÍA INTERNACIONAL DA NENA en 3ºB
O 19 de decembro de 2011, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 11 de outubro como Día Internacional da Nena, para recoñecer os dereitos das nenas e os retos únicos aos que se enfrontan en todo o mundo.
O Día Internacional da Nena céntrase na necesidade de abordar os retos aos que se enfrontan as nenas e promover o seu empoderamento e o cumprimento dos seus dereitos humanos.
As nenas teñen dereito a vivir de forma segura, saudable e a recibir unha educación, non só durante os seus anos formativos, senón tamén a medida que maduran para converterse en mulleres. Se se apoian e se educan de forma eficaz, as nenas teñen o potencial de cambiar o mundo: como nenas empoderadas de hoxe e como traballadoras, emprendedoras, mentores, xefes de familia, líderes políticos e nais de mañá. Investir na realización do poder das nenas significa defender hoxe os seus dereitos e prometer un futuro máis equitativo e próspero, no que a metade da humanidade participe en igualdade de condicións na resolución dos problemas do cambio climático, os conflitos políticos, o crecemento económico, a prevención de enfermidades e a sustentabilidade global.
Mentres celebramos o Día Internacional da Nena 2024, doce anos despois da súa creación, a UNESCO rende homenaxe ás moitas formas en que as nenas transforman a nosa forma de vivir, aprender e defender un mundo xusto.
O tema deste ano, "A visión de futuro das nenas" busca empoderar ás nenas, amplificar as súas voces e apoiar a súa axencia para configurar estratexias e políticas que garantan un futuro mellor para todos. A pesar dos avances, 122 millóns de nenas seguen sen escolarizar.
A UNESCO fai un chamamento a derrubar as barreiras, especialmente nos campos STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), e celebra aos galardoados en 2024 co Premio UNESCO para a Educación das Nenas e das Mulleres, recoñecendo o seu papel vital no empoderamento das nenas a nivel mundial.
Na clase, ademais de preparar un pequeno vídeo onde queremos facer chegar unha fermosa mensaxe
EU SON TODO O QUE VES... E MOITO MAIS!
SON A COR VIBRANTE DA LIBERDADE!
tamén elaboramos dous murais de traballo colaborativo e cooperativo onde nenas e os nenos, como aliados nosos, queremos e buscamos o benestar para as nenas de todo o mundo, para poder chegar a ser o que queiramos ser , sen depender de ser nena o non!
O NUBEIRO, un ser mitolóxico do tempo en 3ºB
Os NUBROROS/US, NUBREIROS, ÑUBEIROS, NUBIIROS ou RENUVEIROS son personaxes presentes na mitoloxía asturiana, cantábrica, norte de León e galega (principalmente nas zonas limítrofes con Asturias de Fonsagrada e Navia de Suarna, pero tamén no centro de Galicia) atribúese a capacidade de controlar o tempo, especialmente as nubes e as precipitacións.
Xeralmente considéranse seres malvados. O seu aspecto varía segundo as rexións, pero case sempre se describen como seres antropomórficos, envellecidos, extremadamente feos, de pel escura, con bocas e orellas grandes e barba espesa. Os seus ollos afundidos parecen brasas vermellas. Adoitan levar un traxe de pel e un sombreiro negro de abas anchas.
Os nubeiros teñen grandes paralelismos co Entiznáu da mitoloxía estremeña, aínda que este se diferencia deles polo seu enorme tamaño.
Trátase dun ser sobrenatural que viaxa sobre as nubes co poder de provocar lóstregos, ventos e chuvias a vontade. Vive nas montañas aínda que as veces cambia de forma para mesturarse entre a xente das vilas para ver os desastres que provoca.
Os seus poderes maléficos só poden evitarse tocando as campás mentras se recita un conxuro.
Tenta, nube,
tenta tí,
que Deus pode
máis ca ti.
Tenta, nube,
proba, pega,
que máis pode
Deus que o demo.
A AVELAÍÑA, un novor ser mitolóxico en 3ºB
A AVELAÍÑA, MATACANDÍS ou VELARAIÑA é un insecto próximo á bolboreta. Teñen hábitos nocturnose segundo a tradición poden ser unha manifestación de augurios dependendo da cor.
Se é branca é un bo presaxio, pero se son de cor negra ocorren cousas malas.
Conta a lenda que as negras son almas en pena, que reclaman axuda dos vivos.
A MARUXAINA, un ser mitolóxico feminino en 3ºB
A MARUXAINA é unha serea das costas de Lugo que chamaban a atención dos mariñeiros cas súas cantigas, facendo que queden inevitablemente atraídos pola súa preciosa voz, provocando constantes naufraxios nas costas.
Una noite sen lúa deciden embarcar para capturala, e para evitar os seus cantos facían soar música das caracolas, mentres que en terra apagaban as luces do faro, e no medio da escuridade conseguen capturala e levala a terra para ser xulgada.
Conmemorando este feito, celebrase anualmente una festa en San Cibrao na que se representa o desembarco e xuízo da Maruxaina.
Segundo dín "Non son boas nin son malas, son normais" depende de a quen axuden ou aos seres que viven no mar ou a os mariñeiros e mariñeiras...
E como actividade de plástica elaboramos en pasta de modelar MARUXAINAS, cada unha do seu estilo personal:
MASCOTA DO PROXECTO EN 3ºB
Despois de presentar a concurso varios bocetos de seres mitolóxicos e a toma de decisións dun xurado, elíxese a FAMARIMÁN como a mascota do proxecto A MAXIA DO RURAL no terceiro nivel B:
A partir deste momento oiredes falar moito dela!!!
XA ESTAMOS NO OUTONO
Empezou unha nova estación, o OUTONO e para celebralo en 3ºB fixemos unhas pequenas creacións artísticas onde traballamos varios conceptos relacionados con esta estación, como cores, cheiros...
LARANXA VERMELLO AMARELOS CASTAÑOS OCRES...
Contidos relacionados coa plástica como o uso de diferentes tipos de técnica, diferentes materiais plásticos, superposición ...
A MAXIA DO RURAL, PRIMEIRA PARTE DE PROXECTO COMPETENCIAL en 3ºB
Hoxe, xoves 19 de setembro, toca sumerxirnos no Proxecto Competencial, a materia alternativa a Relixión Católica para o alumnado de 3ºB.
A primeira parte , tal como se recolle na programación da mesma traballaremos a MAXIA DO RURAL estudando seres mitolóxicos, costumes, arquitectura, cancioneiro, refráns...GALEGOS.
O primeiro personaxe que investigamos foi PEDRO CHOSCO, un duende moi tenro e doce que procura que os nenos e nenas durman prácidamente.
Despois de saber as súas características puxémonos man a obra para facer con arxila o noso duende, que ao remate deste trimestre formará parte dunha exposición de seres mitolóxicos.
E rematados os diferentes deseños deixamos secar:
A MAXIA DO RURAL en 3ºB de EP
Na clase de 3ºB xa emepzamos a traballar na proposta do Equipo de Biblioteca, Actividades extraescolares e complementarias e Dinamización deste curso: A MAXIA DO RURAL, onde investigaremos diferentes temáticas como seres mitolóxicos galegos, lendas , refráns...un sinfín de contidos relacionados coa nosa Galicia.
En primeiro lugar intentamos deseñar a mascota do noso proxecto, ademais do título que vamos a empregar de agora en adiante cando nos refiramos a esta temática:
Despois de facer varios bocetos
Empezamos a investigar sobre diferentes seres mitolóxicos, xa que pronto iremos a unha saída a Santiago de Compostela para poder ver, en directo, réplicas de eses seres nun fermoso monte , o Monte do Viso, chamada a INCRIBLE ROTA DOS SERES MITOLÓXICOS DO MONTE VISO.
O primeiro contacto con estes seres foi PEDRO CHOSCO, un home de barba branca, maneiras doces e voz grave que se encarga de durmir aos nenos con suaves caricias. Os nenos ven a Pedro Chosco cando teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir.
Aos nenos galegos algunha vez dixéronnos ao ver que chega a hora de ir para cama e caémonos de sono “Xa anda por aí Pedro Chosco”. É unha metáfora do sono. De carácter amable e de voz doce. Tense pola representación do sono e é grande a súa amizade cos nenos.
Uns exemplos de cantigas infantís antigas:
Pedro Chosco é meu amigo
que me vén a visitar.
Cando Pedro Chosco vén
horas son de me deitar.
“Pedro Chosco
e mais Langaña
andan xuntos á porfía.
Pedro Chosco anda de noite
e Langaña anda de día.”
Algúns din que tamén lle gusta piropear as mozas, facendo que non poidan exercer o seu traballo. E a xente cantaba unha pequena copla para desfacerse del.
Outros aseguran que pode cambiar de aparencia, moitas veces disfrázase de boneca para durmir ás nenas, ou do xoguete favorito dos mais pequenos. Aínda que unha das cousas que se contan sobre o , máis sorprendentes é a do seu tacto cálido, din que toca amodo as sabanas da cama dos nenos e asi a súa calidez pasa ás sabanas, o que é moi agradable, outros din que é o seu alento o que é cálido e suave como a calor dunha vela.
Hai algúns contos moi antigos sobre Pedro Chosco, como o que di que o seu oido é moi sensible, algúns din que pode oir o bocexo dun neno a moitos quilómetros de distancia, aínda que algúns din que son os propios nenos os que teñen o poder de invocar ao trasgo que aparece en canto chégalles a hora do soño.
Outra historia tambien moi estendida é a de que Pedro Chosco domina á perfección “as mañas do gato e do intre” (as habilidades do gato e o rato), isto quere dicir que é silencioso, o necesario para entrar na habitación dos mais peques, cumprir a súa misión de traerlles un sono doce, e retirarse sen facer ruído que os esperte.
Por último , tamén convén contar que Pedro Chosco ten como todo gran trasgo máxico, un inimigo, algúns din que ten un irmán xemelgo, que goza asustando aos nenos son mais débiles e vulnerables, por exemplo cando estan malitos. A este personaxe tan desagradable, coñécenlle como Lelo Pesadelo.
Pero Pedro Chosco é listo, e cando presente que Lelo poida andar preto, busca a complicidade dos maiores, que velan o soño do pequeno, desta maneira, no pouco probable caso de que Lelo consiga coarse e traer un mal soño, papá ou mamá, ou o avó ou a avoa estarán sempre preto para acougarnos e quitarnos o susto cun abrazo e un bico.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »