Os NUBROROS/US, NUBREIROS, ÑUBEIROS, NUBIIROS ou RENUVEIROS son personaxes presentes na mitoloxía asturiana, cantábrica, norte de León e galega (principalmente nas zonas limítrofes con Asturias de Fonsagrada e Navia de Suarna, pero tamén no centro de Galicia) atribúese a capacidade de controlar o tempo, especialmente as nubes e as precipitacións.
Xeralmente considéranse seres malvados. O seu aspecto varía segundo as rexións, pero case sempre se describen como seres antropomórficos, envellecidos, extremadamente feos, de pel escura, con bocas e orellas grandes e barba espesa. Os seus ollos afundidos parecen brasas vermellas. Adoitan levar un traxe de pel e un sombreiro negro de abas anchas.
Os nubeiros teñen grandes paralelismos co Entiznáu da mitoloxía estremeña, aínda que este se diferencia deles polo seu enorme tamaño.
Trátase dun ser sobrenatural que viaxa sobre as nubes co poder de provocar lóstregos, ventos e chuvias a vontade. Vive nas montañas aínda que as veces cambia de forma para mesturarse entre a xente das vilas para ver os desastres que provoca.
Os seus poderes maléficos só poden evitarse tocando as campás mentras se recita un conxuro.
Tenta, nube,
tenta tí,
que Deus pode
máis ca ti.
Tenta, nube,
proba, pega,
que máis pode
Deus que o demo.