A MAXIA DO RURAL en 3ºB de EP

Na clase de 3ºB xa emepzamos a traballar na proposta do Equipo de Biblioteca, Actividades extraescolares e complementarias e Dinamización deste curso: A MAXIA DO RURAL, onde investigaremos diferentes temáticas como seres mitolóxicos galegos, lendas , refráns...un sinfín de contidos relacionados coa nosa Galicia.

En primeiro lugar intentamos deseñar a mascota do noso proxecto, ademais do título que vamos a empregar de agora en adiante cando nos refiramos a esta temática:

Despois de facer varios bocetos 

Empezamos a investigar sobre diferentes seres mitolóxicos, xa que pronto iremos a unha saída a Santiago de Compostela para poder ver, en directo, réplicas de eses seres nun fermoso monte , o Monte do Viso, chamada a INCRIBLE ROTA DOS SERES MITOLÓXICOS DO MONTE VISO.

O primeiro contacto con estes seres foi PEDRO CHOSCO,  un home de barba branca, maneiras doces e voz grave que se encarga de durmir aos nenos con suaves caricias. Os nenos ven a Pedro Chosco cando teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir.

Aos nenos galegos algunha vez dixéronnos ao ver que chega a hora de ir para cama e caémonos de sono “Xa anda por aí Pedro Chosco”. É unha metáfora do sono. De carácter amable e de voz doce. Tense pola representación do sono e é grande a súa amizade cos nenos.

Uns exemplos de cantigas infantís antigas: 

Pedro Chosco é meu amigo
que me vén a visitar.
Cando Pedro Chosco vén
horas son de me deitar.

 

“Pedro Chosco
e mais Langaña
andan xuntos á porfía.
Pedro Chosco anda de noite
e Langaña anda de día.”

 Algúns din que tamén lle gusta piropear as mozas, facendo que non poidan exercer o seu traballo. E a xente cantaba unha pequena copla para desfacerse del.

Outros aseguran que pode cambiar de aparencia, moitas veces disfrázase de boneca para durmir ás nenas, ou do xoguete favorito dos mais pequenos. Aínda que unha das cousas que se contan sobre o , máis sorprendentes é a do seu tacto cálido, din que toca amodo as sabanas da cama dos nenos e asi a súa calidez pasa ás sabanas, o que é moi agradable, outros din que é o seu alento o que é cálido e suave como a calor dunha vela.

Hai algúns contos moi antigos sobre Pedro Chosco, como o que di que o seu oido é moi sensible, algúns din que pode oir o bocexo dun neno a moitos quilómetros de distancia, aínda que algúns din que son os propios nenos os que teñen o poder de invocar ao trasgo que aparece en canto chégalles a hora do soño.

Outra historia tambien moi estendida é a de que Pedro Chosco domina á perfección “as mañas do gato e do intre” (as habilidades do gato e o rato), isto quere dicir que é silencioso, o necesario para entrar na habitación dos mais peques, cumprir a súa misión de traerlles un sono doce, e retirarse sen facer ruído que os esperte.

Por último , tamén convén contar que Pedro Chosco ten como todo gran trasgo máxico, un inimigo, algúns din que ten un irmán xemelgo, que goza asustando aos nenos son mais débiles e vulnerables, por exemplo cando estan malitos. A este personaxe tan desagradable, coñécenlle como Lelo Pesadelo.

Pero Pedro Chosco é listo, e cando presente que Lelo poida andar preto, busca a complicidade dos maiores, que velan o soño do pequeno, desta maneira, no pouco probable caso de que Lelo consiga coarse e traer un mal soño, papá ou mamá, ou o avó ou a avoa estarán sempre preto para acougarnos e quitarnos o susto cun abrazo e un bico. 

   

Powered by Drupal - Design by artinet