SEMANA DA CIENCIA en 3ºB

Como todos os novembros adicamos unha semana a falar de CIENCIA.

Este ano dividimos este proxecto en catro apartados:

  • AGORA VESME

A microscopia electrónica como técnica para observar obxectos e estruturas que polo seu tamaño non se poden percibir a simple vista. A visión é unha das principais capacidades sensoriais dos humanos e o ollo é o órgano encargado deste sentido. Non obstante, a capacidade de resolución do ollo é limitada e non é capaz de percibir obxectos inferiores a un determinado tamaño. A curiosidade por observar obxectos que o ollo humano non é capaz de ver levou a Galileo, en 1610, a crear o primeiro microscopio.

Nesta actividade o noso alumnado poderán coñecer a microestrutura, observada ao microscopio electrónico, dalgúns organismos e obxectos cotiáns que forman parte da súa vida cotiá como: tea, xiz, ladrillo, avespa, formiga, etc. descubre como obxectos comúns, que a primeira vista parecen moi aburridos, esconden estruturas sorprendentes cando se observan ao microscopio.

Como sabemos a idade dos peixes? Que tamaño ten unha lura cando nace? Cal é o animal máis abundante no océano? Como medran as bacterias?

Para responder a estas preguntas, empregaremos unhas lupas binoculares propias dun laboratorio para observar unha gran variedade de obxectos e individuos que forman parte do traballo de investigación que se realiza no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

O obradoiro comezará cunha pequena mostra de como funciona unha lupa binocular, como repaso xa que traballamos en actividades anteriores. Logo pasaremos a facer as diferentes experiencias einvestigacións para responder a estas preguntas:

    • Como sabemos a idade dos peixes? 
    • Que tamaño ten unha lura cando nace? 
    • Cal é o animal máis abundante no océano? 
    • Como medran as bacterias?

 

  •  DÍA DA DIABETE
    •  Que día se celebra a diabetes?

O Día Mundial da Diabete converteuse nun día oficial das Nacións Unidas en 2006 coa aprobación da Resolución 61/225 das Nacións Unidas. Celébrase cada ano o 14 de novembro, aniversario do nacemento de Sir Frederick Banting, quen descubriu a insulina con Charles Best en 1922.

O logotipo do Día Mundial da Diabete é un círculo azul, o símbolo mundial da diabetes que foi creado como parte da campaña de concienciación "Unidos pola Diabetes". O logotipo foi adoptado en 2007 para conmemorar a aprobación da Resolución das Nacións Unidas sobre o Día Mundial da Diabete.

    • Que bebida é boa para a diabetes?

Auga. A auga é, sen dúbida, a mellor opción de bebida para todos, incluídas as persoas con diabetes. Como non contén calorías nin hidratos de carbono, non inflúe nos niveis de azucre no sangue.25 de xullo de 2024

    • Que non debe comer un diabético?

Coma menos sal, azucre e alimentos ricos en carbohidratos refinados (galletas, galletas saladas e refrescos, por citar algúns). O teu obxectivo individual de hidratos de carbono baséase na túa idade, nivel de actividade, medicamentos que tomas e outros factores. 10 de maio de 2024

    • Cal é o mellor deporte para un diabético?

Os deportes máis recomendables son camiñar, correr e andar en bicicleta, pero sempre hai que ter en conta a historia clínica do paciente.

 

  • SEG

Neste obradoiro descubriremos o Seminario de Estudos Galegos dun xeito moi dinámico e entretido a través de diversas actividades. Faremos equipos e haberá xogos como quen é quen con personaxes de SEG relevantes, xogos de tarxetas de memoria con elementos vinculados ao Seminario, concurso de curiosidades, carteis de axilidade visual buscando o SEG (similar a "¿Onde está Wally?"), entre outros.

Farase unha breve presentación explicando que era o SEG, como funcionaba e quen formaba parte del. A continuación, comezaremos con xogos de equipo: un “quen é quen” con personaxes SEG relevantes, xogos de tarxetas de memoria con elementos vinculados ao Seminario, concurso de preguntas, póster de axilidade visual “Buscando SEG” (similar a Where there's Wally), entre outros. .

 

  • QUE É UN SCRIPTORIUM MEDIEVAL? OBRADOIRO DE PALEOGRAFÍA

Que é a paleografía? Como lemos documentos antigos? Este obradoiro achéganos dunha forma entretida a esta ciencia a través de mostras de documentación medieval e moderna, tanto pergamiños orixinais como facsímiles (Tombo ACantigas de Santa María ou pergamiños notariais do século XV).

Crearán o seu propio documento medieval con pluma e tinta, e validalo cun selo colgante de fíos de seda ao máis puro estilo medieval.

 

Powered by Drupal - Design by artinet