Donas de sí
DÍA DA FELICIDADE NO PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA
O Día Internacional da Felicidade celébrase o mércores 20 de marzo de 2019.
A felicidade é un sentimento moi subxectivo, algúns/has incluso pensan que a felicidade está sobrevalorada. Hai moitas situacións que poden facernos felices: coñecer un bo amigo, un bo libro, un solpor, un cómic, unha nova ilusión ou un simple recordo do pasado.
Cada persoa é un mundo en sí e a felicidade poder ser causada por moitas cousas.
Citas famosas sobre a felicidade:
8 DE MARZO: A BRECHA DOS SOÑOS
As nenas e nenos de primeiro de primaria quixemos facer a nosa aportación a unha data moi importante no calendario, o 8 de marzo, DIA DA MULLER TRABALLADORA, data que simboliza a procura da igualdade, da visualización da muller, de que podemos soñar, que podemos ser o que queiramos...que non hai nada que non podamos facer.
Acabemos coa brecha!!!! E como se dí no video só depende todos e todas nós!!!!!
EN PRIMEIRO SEGUIMOS LOITANDO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe foi o día do estreno,da grabación da PERFORMANCE para loitar pola igualdade de sexos e que non haxa máis violencia de xénero.
Rexeitamos o malo e o feo e abrazamos o bonito e bó...xestos que nos axudan a ser máis felices con nós pero tamén con vós...
Todo empezou con unha chuvia de verbas que consederábamos boas e bonitas que sí nos gustan e agradan en contraposición doutras feas e malas, que non nos gustan:
Logo veu a preparación, os ensaios, a coreografía do PERFORMANCE...MOMENTOS MOI DUROS E CUSTOSOS!!!! pero fomos salvando obstáculos e coa colaboración das nosas familias no vestiario... conseguímolo!!!!
Queremos axudar! |
Felices |
Aflixidas |
25 de NOVEMBRO...NON A VIOLENCIA DE XÉNERO
POP ART con ANA KIRO
Ana Kiro levou a Galicia por onde alí foi e a lingua galega nas súas cancións. Estudamos este persoeiro destacado de Arzúa no eido da música.
Ademáis de investigar sobre a súa vida e os seus éxitos, adicámoslle uns traballos de plástica poñendo en marcha o POP ART
Se queredes ver esta homenaxe, preme na seguinte imaxe
SESIÓN 5 ROBÓTICA
Hoxe, tocou mergullirnos no mundo da robótica , xa na terceira fase, onde os tres grupos de clase, cada membro co seu papel ou cargo, construíndo o noso M-BOT.
Mamma mía!!!!!
Que ben o pasamos !!!!!!
Dúas horas non son nada!!!!!
EDUMOTIVA: ÁFRICA GONZÁLEZ
SEMANA DA IGUALDADE
- Vídeo
- Vídeo elaborado polos nenos e nenas.
- Representación de diferentes contos sobre esta temática.
- Cancion Ai de mín!
Rosa Cajade de Slidely Gallery