5 anos
PORTADA DE "CANTARES GALLEGOS" DESEÑADA POLO ALUMNADO DE E. INFANTIL 5 ANOS
De "Cantares Gallegos" fixéronse moitas edicións e con portadas variadas.
O alumnado de E. Infantil de 5 anos atreveuse a deseñar a súa propia portada deste libro de Rosalía de Castro.
Mirade que ben lles quedaron!!
DESCUBRINDO HISTORIAS DO PAZO DE BRANDESO
Este venres, 8 de febreiro, seguindo coas actividades da "Aula por parroquias", descubrimos moitas anécdotas e historias da vida do pazo de Brandeso, grazas á colaboración desinteresada de Moncho. Este home é unha persoa afable que nos deleitou coas súas lembranzas; historias que lle contaba a súa avoa, que traballou neste pazo, e que non aparecen recollidas en ningún libro.
Nesta aventura acompañáronnos os nenos e nenas de Infantil 4 anos-B, que tamén viñeron coa súa mestra Finita escoitar estes relatos.
Grazas Moncho por estes minutos tan fermosos que nos regalaches!!
ANIMAIS
Imos coñecer distintas especies de animais,
Visita á aula de 1ºA
Hoxe, os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha visita moi importante. Fomos coñecer un pouquiño máis unha aula de 1º...xa nos falta menos para comezar a primaria.
Decidimos ir a 1ºA, e alí recitáronnos unha preciosa poesía pensada por eles e endulzáronnos o día cunha ricas piruletas. Nós, en agradecemento, cantámoslles unha canción medieval, gustounos moito estar con eles. Estamos desexando volver!!!
Graciñas aos compis e a profe Rosa por acollernos tan ben e facernos pasar un bo rato!
Para ver algunhas fotos do momento pinchade aquí.
Dinosaurios na aula de 5 anos
Estos días na aula de 5 anos estivemos investigando e aprendendo moito sobre os dinosaurios, din algúns científicos que se extinguiron pola erupción dalgún volcán, mirade no vídeo que fixemos nós! Para descargalo pincha aquí
A granxa medieval
Na aula de 5 anos estamos traballando a unidade dos animais, mirade neste vídeo como eran as granxas na idade media!!
Entroido na aula de 5 anos
Se queres ver como festexámolo entroido na aula de 5 anos só tes que ver as fotos da galería pinchando aquí.