2º Curso

UN CEO CHEO DE ESTRELAS en 2ºB

Como dí a cancion de COLD PLAY, A SKY FULL OF STARS, onte na nosa clase fomos quen de crealo invitando aos nenos e nenas de sexto coa titora Caridad.

Foron chegando de un en un e sentándose nos nosos sitios para que viran un vídeo que lles preparamos onde unhas estrlas co seu nome iban colocándose no escuro ceo.

A mensaxe final foi BRILLADE COA LUZ PROPIA E ÚNICA QUE TEDES!

Que estamos seguros e seguras que así o farán, loitarán polos seus soños e desexos e convertiranse nunhas grandes personas:

 

Xa temos todo listo só faltan que cheguen os invitados e invitadas:

  

Xaaaa!

 

E ata bailamos todos xuntos e xuntas esa canción tan especial e feita para eles e elas. 

 

CELEBRANDO E INMORTALIZANDO UNHA FINAL DEPORTIVA en 2ºB

A mestra Marita organizou os Xogos de Primavera no cole, onde nós 2º B participamos na modalidade de BRILÉ. O mércores na última sesión foi a entrega de premios e nós obtivemos unha copa polo 1º e 2º posto na competición do 1º ciclo de EP.

   

E na clase tivemos sesión fotográfica:

     

 

 

DÍA DOS OCÉANOS en 2ºB, 5 de xuño

Co motivo da conmemoración do DÍA DOS OCÉANOS e para preparar as carpetas dos traballos fietos no 3ºTrimestre procuramos información na internet e imaxes para decorar as carpetas.

Despois de investigar quedaron moi claros dous conceptos: o bo estado en que deben estar, os coidados para mantelos e os beneficios dos océanos.

             

Amosámosvos os primeiros traballos:

    

UN MUNDO NUN MUSEO : NOVENO E ÚLTIMO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES en 2ºB

 
Fai algúns anos descubrimos (descubrimos as educadoras, obviamente os conservadores do museo xa sabían isto) unhas pezas artísticas moi curiosas dos anos oitenta de distintos artistas contemporáneos galegos. Tratouse dun proxecto do ano 1986 no que se convidou a distintos pintores realizar un deseño dunha bandeira de Galicia. Estas bandeiras fixéronse coa idea de que foran obras de arte efémeras e se expuxeron nunha mostra colectiva en Santander. Anos despois, a Xunta depositounas no museo. O certo é que cremos que a maior parte dos artistas que as fixeron seguramente non saiban sequera que estas bandeiras se gardaron e que están no noso museo. 
O museo planteouse nalgunha ocasión facer unha exposición con elas pero polo momento nada disto saiu adiante e continuan penduradas no almacén.
O caso é que a última actividade que se nos ocorreu para enviarvos era a de, partindo deste proxecto, animarvos a facer unha bandeira que dalgún xeito puidese ser un símbolo universal; conectando co plantexamento do mundo e as culturas do voso proxecto de aula.
                      
 

DIA DO MEDIO AMBIENTE en 2ºB, 5 de xuño

Co motivo do DÍA DO MEDIOAMBIENTE, o 5 de xuño, estivemos e estamos todos os 365 días do ano protexendo e coidando o noso PLANETA TERRA, como accións para deixalo en boas condicións aos nosos descendentes. Temos que coidar e escapar de non facer dano ao noso planeta, preparando accións, infografías, carteis informativos...

Dividimos a clase en tres grupos para levar como traballo cooperativo a elaboración da actividade PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS: actividade que aúna cultura, creatividade e coidado do medio ambiente. Esta actividade xira en torno á realización de murais artísticos, concretamente tres, colaborativos e ecolóxicos con pinturas fotocataliticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire. Unha proposta para que a este alumnado de segundo se lle achegue unha mnesaxe positiva sobre o coidado do medio ambiente, da contorna...con unha actividade que fomente o respecto ao medio natural a través do arte:

                 

E despois dun intenso proceso de traballo cooperativo cos seus respectivos acordos, distribución e organización de traballo, puntos fortes e débiles de cada membro dos equipos, aportacións individuais ao gran grupo...

O resultado deste reto PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS foi o seguinte:

O noso fermoso mural adicado a esta conmemoración, que non se debe levar a cabo un dia do ano senón os retantes 364 ou 365 días do ano.

PROXECTO COMPETENCIAL 2º NIVEL DE EP

 

Seguimos pintando no exterior, pescudando características das plantas e árbores do noso centro:

      

ACTIVIDADE 3 DO SÉTIMO RETO de UN MUNDO NUN MUSEO, 2ºB de EP

Dentro da proposta da actividade 3 deste reto titúlase BUSCANDO VESTIMENTAS DE CADA LUGAR, polo que recurrimos á competencial dixital para pesquisar vestimentas tradicionais  de disstintos lugares do mundo:

       

ACTIVIDADE 1: VERSIONANDO A VACA DE SOTOMAYOR EN ESTILO POP ART, OITAVO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES

eguindo as indicacións dun artista POP ART, un dos mais importantes: ANDY WARHOL atrevémonos a versionar o noso animal totémico A VACA, que trasnmite paz, seguridade, afecto...

       

E empregando a competencia dixital axudados co PAINT NET quedounos un mural moi WARHOLIANO:

UN MUNDO NUN MUSEO: OITAVO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES en 2ºB

O oitavo reto que nos propoñen nesta ocasión as educadoras do museo titúlase OS ANIMAIS NAS CULTURAS

Fai algúns anos chegou ao Museo de Belas Artes da Coruña un depósito de obras do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor desde o Museo do Prado. Entre retratos de persoas da burguesía e de labregos e labregas galegos, atopamos este pequeno cadro de 61 x 76 centímetros.

A obra é moi sinxela: unha vaca, con manchas brancas e marróns, atópase de perfil situada diante dun fondo escuro e impreciso feito con pinceladas rápidas e grosas. Mediante distintas tonalidades, Sotomayor consegue crear zonas de luz e sombra, destacando coa liña moi marcada a silueta da vaca.

Ao longo da súa produción artística, o pintor representou numerosas escenas campestres e pastoriles como romarías e festas de gando. En moitas destas obras, de composicións complexas, a vaca ou vacas representadas teñen un gran protagonismo. Esta obra é un estudo, polo que o temos que entender como un análise anatómico da vaca; Sotomayor estaría aquí ensaiando e practicando como representar este animal tan importante para a cultura galega.

A VACA NA CULTURA GALEGA

No conxunto de España a gandeiría é unha das industrias máis importantes que hai. Dentro da gandeiría bovina sen lugar a dúbidas Galicia é a comunidade autónoma onde a súa industria é máis numerosa e significativa. No ano 2023 rexistráronse en Galicia 916.264 vacas; a segunda comunidade autónoma española onde hai máis vacas é Asturias cunha cifra de 389.264. En Lugo no 2023 había censadas 324.267 persoas; sendo a cifra de vacas lucenses censadas no mesmo ano 444.124. Podemos dicir así que na provincia de Lugo viven máis vacas que persoas!1

Castelao chegou a dicir: “A vaca é un símbolo de paz”. Para moitos galegos e galegas as vacas son algo próximo e familiar, forman parte da paisaxe e da casa; e por suposto son unha fonte de produción importante para o país. O seu leite e derivados, a súa carne e coiro sustentaron moitas xeracións en épocas pasadas. A súa calor natural aliviou as noites invernais das aldeas durante séculos; hai quen di que as vacas eran “a calefacción” dos fogares de Galicia.

Ademais, en Galicia existen castes autóctonas con denominación de orixe e protección oficial: especies xenéticas tan diferenciadas como a cachenda, a caldelá, a limía, a frieiresa ou a vianesa.

Adorada por civilizacións antigas (os hindús tiñan e aínda manteñen unha gran adoración por elas ao considerarse un animal sagrado), podemos dicir que en Galicia son case un animal totémico, ao outorgarlle a nosa cultura un simbolismo, algo que forma parte da identidade galega.

 A VACA NA ARTE

A vaca foi representada en numerables ocasións por autores de distintos lugares e tempos históricos. Aínda que adoitamos vela nas obras pictóricas formando parte dunha escena con máis elementos, existen numerosos exemplos das vacas como únicas protagonistas da obra de arte. Tamén numerosos artistas galegos representaron a vaca como valor da nosa cultura.

 

ACTIVIDADE 1: VERSIONANDO A VACA DE SOTOMAYOR EN ESTILO POP ART

A actividade que nos propoñeron non é outra que versionar o estudo de vaca de Sotomayor para que fagamos un mural de arte pop ao estilo de Andy Warhol.

Cada un terá que traballar coa súa vaca; dotándoa de cores vivas e xogando co collage. Para iso podemos empregar: pintura líquida, rotuladores, ceras, lapis de cores, subliñadores... canto máis vibrantes sexan as cores mellor. Podemos se queremos xogar a recortar a vaca colocándolle outro fondo sobre folios ou cartolinas de tamaño DIN A4 coloridas.

Unha vez que teñamos as nosas vacas listas unirémolas colgándoas dunha parede para que todas elas formen un único mural da nosa “vaca pop”.

 

Xa empezamos este venres: 

         

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL EP

A sesión de hoxe de Proxecto Competencial en 2ºB adicámola a observar as plantas en directo e debuxalas. Observámolas detidamente nunha zona do colexio, as follas  (a súa cor, a forma, o tamaño...) o talo flexible ou duro...

Para iso saímos ao patio co material necesario para poder debuxar ao aire libre: cadeiras, folios, cores de madeira, ceras, rotuladores ...

        

Powered by Drupal - Design by artinet