Deixamos voar a imaxinación no Nadal e rematamos pouco a pouco o OBRADOIRO de CAMISETAS...o traballo valeu a pena:
Deixamos voar a imaxinación no Nadal e rematamos pouco a pouco o OBRADOIRO de CAMISETAS...o traballo valeu a pena:
Que alegría xa que nos achegamos ao que era antes do COVID 19 un FIN DE CURSO cheo de festa onde as nosas familias poden vir a vernos!
Estabamos moi nerviosos e nerviosas, son horas de ensaio e traballo intenso compaxinado co resto de tarefas escolares!
Preparamos unha coreografía relacionada co tema troncal traballado durante o curso e en numerosos proxectos de aula co Museo de Bellas Artes (1ºB), A AUGA, e quen mellor sabe de auga? A TRIBU CROCODILO, unha tribu india que sabe os beneficios da choiva, a danza para que chova, un baile con paraugas e unha danza para relaxarse depois de tanto traballo. Escoitade todo o que dí a canción, ten unha mensaxe moi importante para que o noso planeta siga existindo!
Un primeiro plano da metade da tribu CROCODILO:
A última celebración dos aniversarios deste curso foi o luns 19 de xuño, a terceira FESTA, OS ANIVERSARIOS DE VERÁN ademais da celebración individual de cada pequeno/a o seu día co ritual instaurado da CAIXA DE ANIVERSARIOS, dando as sete voltas arredor do Sol, unha por cada ano que ten ou vai cumprir e o soplado de velas.
Este trimestre cumpriron: Pablo, Eneko, Iago, Gael, Martina, Lucas e Miguel.
Un animal mitolóxico é aquel que é o resultado da pura imaxinación ou da redución a termos coñecidos da novidade inexplicable. Os animais fantásticos ou mitolóxicos sempre acompañaron ao home nas súas historias, festas e arte.
E neste reto temos que inventar un animal mitolóxico, de que se alimenta, cal é o seu hábitat ...empregando a ficha modelo que se adxunta:
Como resultado desta actividade sairon estes animais acuáticos mitolóxicos, un album moi interesante e peculiar:
Curso a piques de rematar e tamén o fantástico proxecto anual en colaboración co Museo de Bellas Artes de A Coruña.
O ultimo reto empeza xa, esta vez co título de Mitoloxía e auga!
Partimos da obra escultórica de Paco Pestana, elaborada con materiais reciclados e unha técnica chamada ensamblaxe: Nora para xentís peixes e xentís soños. É unha peza cinética, fai un son semellante ao ruído que facián os carros ao xirar o eixo das rodas.
E xa de cheo na Mitoloxía e auga nos cadros do Museo que traten esta temática, como fadas, sereas, maxia:
ACTIVIDADE 1. OS MITOS DE XERACIÓN EN XERACIÓN
Os tres cadros que comentamos representan historias imaxinadas, nas que varios personaxes, as fadas e a serea, xúntanse coa natureza, os animais e outros elementos (ruína, barco, estrelas...), que transportan a contos marabillosos.
Por iso levamos a cabo a actividade "teléfono estropeado" con tres historias dos cadros estudados neste reto.
ACTIVIDADE 2. A FONTE PORMÁS
Hoxe somos todos somos encargados de seguir transmitiendo as historias que nos contan, e as nosas vilas e cidades están cheas de mitos e seres fantásticos que viven entre nós. A fonte Pormás, na parroquia de A Castañeda é un deses lugares marabillosos nos que sabemos viviron estes personaxes.
Tivemos que facer un traballo de investigación sobre esta fonte.
ACTIVIDADE 3. CREAR A NOSA PROPIA MITOLOXÍA ACUÁTICA
O reto consiste en inventar un animal mitolóxico, de que se alimenta, cal é o seu hábitat ...empregando a ficha modelo que se adxunta.
Para rematar o noso traballo na linguaxe de programación e robótica, empezamos na clase a pór en práctica un pouco do aprendido con material do cole: LEGO WEDO, BEEBOT, SCORNABOT, MBOT...
E toca facer unha das últimas saídas do alumnado de 1º A e 1ºB ao Monte San Pedro e ao Museo de Bellas Artes en A Coruña cun doble obxectivo: Visita a exposición de PABLO PICASSO e peche do proxecto anual de 1ºB AUGA FONTE DE VIDA.
Foi un día moi intenso e especial xa que nos acompañou o tempo, un dÍa solleiro a rabiar e logo uns talleres super interesantes no museo.
Pero... como se adoita dicir unha imaxe vale mais que mil palabras!
E despois de xantar e desfrutar xogando nos parques que alí había dirixímonos ao museo, que alí estarían agardándonos Laura, Sara e Clara.
Empezamos en A Coruña
Creamos, como Picasso, o futuro de como nos imaxinamos que seremos!
Estamos na Academia onde aprendeu a pintar
Como pintaba: de perfil, de frente mesturando!
O Mosqueteiro e a súa filla Maya
Cadros de antes ou de despois!
Facendo poesía!
Branco no recordo azul...
Seguimos loitando contra a contaminación e o lixo na natureza, e tamén no mundo acuático, nesta ocasión os océanos.
Por iso organizamos actividades na aula sobre a palabra OCÉANO: que é, que ten, fai nos falta, hai que coidalo... un sinfín de cuestións que nos van axudar a levar a cabo esta temática e a conmemoración a nivel mundial do DÍA DOS OCÉANOS.
Para iso recurrimos a construir unhas gafas de poderes máxicos que nos fan ver como terían que estar os nosos océanos, limpos, sans, coidados ...xa que supoñen unha fonte de riqueza en canto á biodiversidade e, como non, tamén a nivel económico (infinidade de persoas que viven do mar)
Loitemos porque a humanidade non precise destas gafas, que os océanos estén nas condicións que deben de estar, non nunha utopía senón que sexa nunha realidade
PABLO PICASSO, malagueño de nacemento pero parisino polo que traballou neste país.
Na súa obra establécense tres periodos:
Dentro da programación da materia de Proxecto Competencial este trimestre traballamos e iniciámonos na historia e na evolución do vestido ao longo da historia.
Xa acabamos coas diferentes etapas ou idades ao longo da Historia e para iso elaboramos unha liña do tempo como resumo de todo o traballado ao longo do curso:
Pero non queriamos rematar esta materia sen traballar a vestimenta propia da nosa terra, Galicia:
TÍTULO: DESVENTIDO O PASADO
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |